Home Lugo A Mariña Occidental Gadoupas e Míriam Bermúdez apostan por zonas para cans e sancións para...

Gadoupas e Míriam Bermúdez apostan por zonas para cans e sancións para quenes non limpan os excrementos

- Anuncio -

A alcaldable polo BNG, Míriam Bermúdez, ten claro que Viveiro, con máis de 3.200 cans censados, precisa dunha norma reguladora, máxime cando existiron múltiples peticións por parte da veciñanza e incluso con recollidas de sinaturas para esta petición, que non foron atendidas e que un goberno do BNG consideraría imprescindible escoitar.

Pasaron 4 anos nos que o BNG atendeu as demandas da veciñanza propoñendo habilitar praias e zonas verdes para cans, establecer horarios nas praias e sacar adiante a Ordenanza de Tenza de Animais, necesidades nas que Míriam Bermúdez asegurou “co BNG no goberno estas demandas estarían xa resoltas, son doadas de executar, tan só se precisa vontade política. É preciso habilitar zonas para mellorar a convivencia e cubrir esta necesidade.”

Gadoupas puxo de manifesto no encontro con Míriam Bermúdez e varios membros do BNG de Viveiro, os escasos recursos cos que contan para dar cobertura ás necesidades da protectora e de control de gatos na rúa, tales como: maior financiación para facer fronte aos gastos de alimentación e servizo veterinario, xa que a que teñen non é suficiente para mellorar as instalacións e habilitar refuxios para as colonias de gatos, os cales aportarían ademais dun maior benestar para os animais, unha mellora da estética urbana e da hixiene nestas zonas.

O proxecto de goberno do BNG contempla con respecto á protección e benestar dos animais os seguintes puntos:

Habilitar zonas verdes para cans, establecer horarios nas praias e determinar as praias de Seiramar e Arnela como praias caninas. Demandas que só o BNG insisteu e levou a pleno nestes 4 anos.

A creación dun Convenio entre Concello e Gadoupas. Un convenio que lles permitiría optar a subvencións para incrementar a súa financiación e que permitiría reforzar o programa de voluntariado.

Implantar políticas de educación para a cidadanía para concienciar ás persoas con mascotas da necesidade de limpar excrementos e ouriños, ofrecer recursos para evitar estes xestos, como bolsas e botelliñas con auga e xabón, e sacar adiante o regulamento para poder sancionar en caso de incumprimento.

Míriam Bermúdez é contundente: “nós témolo claro: atender as necesidades dos animais é un beneficio para toda a comunidade. Tanto é necesario habilitar zonas para cans como o é aumentar as cuantías das sancións para os donos que non limpan os excrementos. Debemos implicarnos, e o concello é o primeiro que debe dar exemplo”

Relacionadas

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

A Xunta de Galicia aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal de Alfoz...

0
Ángeles Vázquez salienta que é o sétimo municipio lucense en superar este trámite para contar cunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación...

A Xunta outorga os premios da 7ª edición do concurso de carteis escolares co...

0
Entre as 124 propostas presentadas, resultaron gañadores os traballos de alumnado de centros da Coruña, Arteixo, Vigo, Moaña, Guitiriz e O Carballiño con mensaxes...

Publicacións Relacionadas