Home Lugo Lara Méndez supervisa o inicio das obras de mellora e humanización do...

Lara Méndez supervisa o inicio das obras de mellora e humanización do Camiño Primitivo e a Vía Romana XIX no barrio do Carme

- Anuncio -

Os traballos inclúen a recuperación de camiños, muros e elementos singulares e a instalación de varandas, mobiliario urbano e iluminación respectuosa co entorno.

Lara Méndez: “Hoxe é un día de gran satisfacción, pois iniciamos a transformación do Carme, unha zona protexida de alto valor histórico, patrimonial e natural”.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, supervisou este luns o inicio das obras de mellora e humanización do Camiño Primitivo e a Vía Romana XIX no barrio do Carme. As actuacións previstas comprenden a recuperación de camiños, muros e elementos singulares así como a instalación de varandas, de mobiliario urbano e dun sistema de iluminación mediante balizas, respectuoso coa contorna.

Lara Méndez destacou que “hoxe é un día de gran satisfacción para todos os e as lucenses, pois esta actuación supón o inicio da transformación do Carme, unha zona de alto valor histórico, patrimonial e cultural, na que conflúen varias áreas protexidas como son a Muralla e a Ponte Romana”.

A rexedora lembrou que “a través do DUSI xa levamos a cabo a mellora da calidade ambiental deste barrio, coa eliminación da contaminación acuática, a degradación paisaxística e os malos olores. Agora damos un paso máis, cunha actuación que suporá un antes e un despois para unha das zonas protexidas e de maior riqueza natural da nosa cidade”.

As obras que hoxe comezan aumentarán a seguridade dos peregrinos e usuarios das vías oficiais do Camiño Primitivo e a Vía XIX, é dicir, as sendas de Regueiro das Hortas, Rúa do Carme e Rúa Vicedo, adecuando a zona para o seu tránsito peonil e fomentando o seu uso mediante a humanización do entorno. Neste senso, a alcaldesa subliñou que “serán actuacións fundamentais para impulsar ambas rutas e o conxunto do patrimonio lucense”.

Actuación respetuosa coa contorna

A intervención será minimamente invasiva e especialmente sensible aos condicionantes arquitectónicos da contorna, situada no ámbito do Plan Xeral de Ordenación Urbana Municipal PERI-6 (Plan Especial de Reforma Interior), polo que o seu desenvolvemento se fará conforme ás disposicións que marca a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Deste xeito, incluirá, ademais da recuperación dos camiños, unha serie de melloras na seguridade dalgúns puntos concretos do trazado mediante a dotación de alumeado público, a sinalización do percorrido ou a recuperación dos pavimentos e doutros elementos singulares.

Así, a adecuación pulará por manter a integridade dos camiños coas características propias de cada tramo en canto a elementos tradicionais, tanto construídos como naturais, pero rexenerarase e nivelarase o firme para lograr unha maior seguridade.

Así mesmo, instalaranse varandas de madeira, a modo de protección, en diferentes localizacións, recolocaranse os bloques pétreos que foron movidos na intersección do Camiño Primitivo con Rolda do Carme e revestiranse as escaleiras que comunican esta última coa Vía XIX cun material antiescorregadizo.

Igualmente instalarase iluminación, pouco invasiva, naquelas sendas que carezan dela para posibilitar o tránsito seguro en momentos de ausencia de luz natural, adaptándose o sistema ás necesidades estéticas da contorna e sempre acatando a normativa vixente e outras limitacións derivadas da posible aparición de restos arqueolóxicos.

Mellora da sinalización e información inclusiva

Debido a que en moitas zonas do trazado existen eivas de sinalización ou a actual se atopa desfasada en canto a formato e indicacións, se procederá tamén a colocar, entre outros elementos, tres paneis informativos, unha mesa interpretativa de granito e catro fitos pétreos sobre a Vía XIX, en consonancia con outros xa existentes na cidade. Estes disporán ademais, dunha placa en braille, en prol dunha maior inclusión.

Estes traballos, que contan cun orzamento de 204.248 euros e un prazo de execución de dous meses, enmárcanse na estratexia DUSI Muramiñae, cofinanciada polo Concello ao 20% e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea ao 80%.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

A Xunta de Galicia aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal de Alfoz...

0
Ángeles Vázquez salienta que é o sétimo municipio lucense en superar este trámite para contar cunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación...

A Xunta outorga os premios da 7ª edición do concurso de carteis escolares co...

0
Entre as 124 propostas presentadas, resultaron gañadores os traballos de alumnado de centros da Coruña, Arteixo, Vigo, Moaña, Guitiriz e O Carballiño con mensaxes...

A Xunta licita por máis de 235.000 euros a redacción dos proxectos para rehabilitar...

0
— Os inmobles foron mercados polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no marco do programa Rexurbe e as vivendas serán cualificadas como de...

Publicacións Relacionadas