Home Lugo Meteogalicia reforza a súa Rede de Observación coa instalación dunha noca cámara...

Meteogalicia reforza a súa Rede de Observación coa instalación dunha noca cámara web no concello de Monforte

- Anuncio -

Con esta última incorporación, son xa 27 as cámaras que están en servizo en toda a Comunidade, o que supón un complemento importante aos datos das variables meteorolóxicas clásicas e permite mellorar a información pública subministrada

A actuación enmárcase nos investimentos da Xunta para a mellora continua dos sistemas de observación ambiental e a actualización dos equipos de medición

MeteoGalicia continúa reforzando a súa rede de observación por toda a comunidade. Desde hoxe está operativa en Monforte de Lemos unha nova cámara web, de tal forma que o organismo meteorolóxico dependente da Xunta xa dispón dun total de 27 repartidas polas catro provincias, 8 delas na de Lugo.

Precisamente, a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático,
Sagrario Pérez, visitou esta mañá a localidade lucense para coñecer a nova instalación,
emprazada nas inmediacións do Parador de Monforte por ofrecer unha vista xeral de todo o
val, idónea para os obxectivos que se perseguen.

Estas cámaras web mostran información meteorolóxica do lugar como pode ser o estado do
ceo, a temperatura ou o vento, polo que son un complemento moi útil aos datos das
variables meteorolóxicas clásicas, xa que contribúen a mellorar a información subministrada
á poboación a nivel local.

Así, tanto na páxina web como na aplicación de MeteoGalicia poden consultarse as imaxes
obtidas por esta rede de visores web cada cinco minutos. Ademais, tamén está dispoñible
unha animación do día en curso e da xornada anterior e inclúese un enlace coa vista que
abrangue cada cámara.

Deste xeito, tal e como subliñou Sagrario Pérez, préstase un mellor servizo aos usuarios de
Meteogalicia, que teñen a posibilidade de observar directamente o estado do ceo, a
dirección do vento ou a situación do mar en tempo real.

Neste sentido, subliñou que a posta en funcionamento da nova cámara web de Monforte se
enmarca dentro das actuacións da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para
ampliar a cobertura e mellorar as redes de observación ambiental de Galicia e actualizar os
equipos de medición das mesmas, de xeito que incorporen os últimos avances científicos e
técnicos en instrumentación e metodoloxía de medida para dispoñer de máis e mellor
información sobre os ecosistemas galegos e a súa vulnerabilidade.

Con este fin, precisamente, no ano 2016 decidiuse incorporar a esta infraestrutura de
observación unha rede propia de cámaras web que desde entón poden ser consultadas a
través da páxina e da aplicación gratuíta para móbiles de MeteoGalicia.


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda dispón dunha rede de observación
meteorolóxica e oceanográfica integrada na actualidade por 157 estacións meteorolóxicas
de superficie; un total de 6 boias oceanográficas e meteorolóxicas colocadas nos encoros e
na costa galega; un sistema de detección de raios; un radar meteorolóxico; e un equipo
receptor de datos do Meteosat.
Esta densa rede de observación permite prever a ocorrencia de adversos meteorolóxicos,
así como realizar un exhaustivo seguimento das variables atmosféricas e oceanográficas,
datos fundamentais para estudar e avaliar os impactos do cambio climático sobre a
poboación, o territorio e os recursos naturais de Galicia.

A rede de observación actual compleméntase con modelos preditivos a varios días que
permiten anticipar o comportamento atmosférico e oceanográfico. Todos os datos
subministrados por esta infraestrutura publícanse na web de MeteoGalicia para garantir a
súa accesibilidade.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

A Xunta leva en setembro de 2025 a Lugo Love of Lesbian, Carolina Durante...

0
O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Lugo participaron hoxe na presentación do cartel dos concertos que se celebrarán...

Publicacións Relacionadas