Home Lugo A Mariña Occidental Míriam anuncia a creación dun Consello Escolar Municipal e revela a incapacidade...

Míriam anuncia a creación dun Consello Escolar Municipal e revela a incapacidade de Gueimunde

- Anuncio -

Co BNG no goberno de Viveiro crearase o Consello Escolar Municipal, unha necesidade que constatou a súa urxencia durante a xuntanza coas ANPAS que levou a cabo Míriam Bermúdez, onde estas compartiron inquedanzas e un sentimento mutuo de abandono polas administracións. “Reunirse e coordinarse é fundamental, é necesario un órgano como o Consello que facilite a comunicación entre toda a Comunidade Educativa, un mecanismo que nos permita estar cerca e coñecer de primeira man as necesidades dos centros de ensino e decidir actuacións en beneficio das crianzas”

A portavoz do BNG, Míriam Bermúdez, considera esta ferramenta indispensable para previr situacións tan graves como a que leva arrastrando dende hai uns 10 anos o CEIP Santa Rita de Galdo, cando se detectou por parte do centro que había couza en varios elementos da carpintaría así como outros problemas en canto a humidades e deterioro da instalación.

O BNG ten constancia que por parte do equipo directivo foron múltiples os contactos coa Xefatura Territorial, mesmo presentando unha proposta valorada para substituír todos os elementos de madeira do centro, que suporía acabar co problema.

Cabe destacar que nese momento, ocupaba a Xefatura Territorial a actual candiadata do Partido Popular, Mª del Carmen Gueimunde, que coñecedora da problemática evitou acometer as obras necesarias argumentando varias desculpas: que non había cartos, non era o momento, había outras prioridades… O máis que se fixo foi unha actuación parcial que non solucionou o problema. Un gasto inútil que fixo que o deterioro fose a máis e que o alumnado do centro leve dous anos sufrindo as picaduras dos parásitos da couza.

“É inconcebible que a responsable da Xefatura Territorial no momento, actual cadidata do Partido Popular, ignorase desta maneira unha situación tan grave que incluso afecta á saúde dos máis pequenos”. Míriam Bermúdez, chama a toda a veciñanza a acudir á manifestación convocada pola ANPA do CEIP de Galdo para reivindicar unha actuación urxente.

Relacionadas

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

A Xunta de Galicia aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal de Alfoz...

0
Ángeles Vázquez salienta que é o sétimo municipio lucense en superar este trámite para contar cunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación...

A Xunta outorga os premios da 7ª edición do concurso de carteis escolares co...

0
Entre as 124 propostas presentadas, resultaron gañadores os traballos de alumnado de centros da Coruña, Arteixo, Vigo, Moaña, Guitiriz e O Carballiño con mensaxes...

Publicacións Relacionadas