Home Lugo A Mariña Occidental Míriam Bermúdez anima a celebrar as Letras Galegas e lembra o acordo...

Míriam Bermúdez anima a celebrar as Letras Galegas e lembra o acordo para o parque Irmandades da Fala

- Anuncio -

Este 17 de maio de 2023, desde o BNG de Viveiro a candidata á alcaldía Míriam Bermúdez, chama a reivindicar a protección do galego e anima a celebrar o Día das Letras como un acto de orgullo colectivo.

Este ano as Letras xiran arredor de Francisco Fernández del Riego, quen baixo o pseudónimo de Salvador Lorenzana publicaba en 1971 “Pensamento e Sementeira”, libro no que se recollen numerosos artigos do viveirense Antón Vilar Ponte.

Polo que aproveitando a ocasión e recordando que Antón Vilar Ponte foi o principal impulsor das Irmandades da Fala, cremos necesario lembrar os seguintes incumprimentos:

Pasaron 7 anos xa e aínda non se cumpriu o acordo de nomear a zona axardinada da Misericordia Irmandades da Fala. Foi en febrero de 2016 cando o BNG presentaba a moción para nomear esta zona pública axardinada como parque das Irmandades da Fala e xestionar a colocación dun monolito neste lugar. A moción foi aprobada mais nada se ten feito.

No ano 2021 o BNG propuxo que se recupere o mural coas vidrieiras de Neira Brochs (composto polos escudos de Lugo, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Viveiro e a dedicada a Ramón Vilar Ponte), donadas polo comerciante Novo Guerreiro hai case 12 anos para instalar nun edificio público do Concello. A moción foi aprobada mais nada se ten feito.

Este 17 de maio de 2023, xa que a Academia Galega lle dedica a Francisco Fernández del Riego, cremos que podería ser unha data apropiada para reparar este desleixo recordando a obra dos irmáns Vilar Ponte tal e como fixo Francisco Fernández en “Pensamento e Sementeira”.

Relacionadas

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

A Xunta de Galicia aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal de Alfoz...

0
Ángeles Vázquez salienta que é o sétimo municipio lucense en superar este trámite para contar cunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación...

A Xunta outorga os premios da 7ª edición do concurso de carteis escolares co...

0
Entre as 124 propostas presentadas, resultaron gañadores os traballos de alumnado de centros da Coruña, Arteixo, Vigo, Moaña, Guitiriz e O Carballiño con mensaxes...

Publicacións Relacionadas