Home Lugo A Mariña Occidental Míriam Bermúdez aposta por un “Viveiro Sen Barreiras” adaptando os espazos para...

Míriam Bermúdez aposta por un “Viveiro Sen Barreiras” adaptando os espazos para todas as persoas

- Anuncio -

A alcaldable do BNG, Míriam Bermúdez, ve unha prioridade levar a cabo un Plan de Accesibilidade en Viveiro. Un estudo da situación actual do concello, establecendo criterios e prioridades, programando por fases as actuacións a executar. Con previsión orzamentaria, é a única forma de eliminar todas as barreiras ás que se enfrentan diariamente a nosa veciñanza e visitantes en Viveiro.

“É necesario adaptar os espazos para as persoas e non ao revés” sinala Míriam Bermúdez, “hoxe en día en Viveiro hai que facer peripecias para moverse en cadeira de rodas, camiñar con bastón ou mesmo levar un carriño de bebé. É inadmisible que aínda existan en Viveiro beirarrúas sen rampa nos pasos de peóns tal e como se pode ver na praza Donapetry, por poñer un exemplo”.

Existen moitas barreiras especialmente urbanísticas, polo que queremos peonalizar espazos como a Praza de Lugo, mover o mobiliario urbano que non permite o paso cómodo, instalar pasarelas para acceder ás praias, implantar axudas técnicas para acceder ao vaso da piscina e mesmo ao edificio consistorial… Necesidades que para sacar adiante se precisa dun Plan de Accesibilidade como ferramenta de xestión.

Así como outras barreiras non urbanísticas como a implantación de semáforos sonoros ou o sistema de bucle magnético nos edificios municipais, sen deixar no esquecemento as barreiras na comunicación facendo accesible a páxina web do Concello.

Míriam Bermúdez ten claro que “o BNG no goberno facilitará a vida de toda a veciñanza nun Viveiro Sen Barreiras, en beneficio de toda a comunidade e servindo incluso de reclamo turístico”.

Relacionadas

A Xunta activa a alerta laranxa por choiva en Lugo e Ourense

0
— Agárdase unha precipitación acumulada nunha hora de ata 30 mm — Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información...

Míriam Bermúdez incrementará Lodeiro con máis aparcamentos, carril bici e unha nova zona verde

0
A retirada do enreixado de Lodeiro, o que vai desde o Casino cara Celeiro, será prioridade dun Goberno do BNG. Un enreixado que non...

Con Míriam Bermúdez volverá haber Policia Local na quenda de noite en Viveiro

0
Xa hai teMpo que o sindicato reivindicaba o mero cumprimento da normativa en canto a que, en cada quenda, ten que haber dous axentes...

Míriam Bermúdez aposta por máis vida no rural coa creación da Rede de Centros...

0
Con Míriam Bermúdez, máis vida nas parroquias coa creación da Rede de Centros Socioculturais A alcaldable polo BNG anuncia o seu propósito de “poñer a...

Míriam Bermúdez aposta por un “Viveiro Sen Barreiras” adaptando os espazos para todas as...

0
A alcaldable do BNG, Míriam Bermúdez, ve unha prioridade levar a cabo un Plan de Accesibilidade en Viveiro. Un estudo da situación actual do...

Foto oficial candidatura BNG Viveiro

0
Este é o noso equipo, diverso, unido, con gran capacidade de traballo e comprometidos con Viveiro e co País. Un equipo con Míriam Bermúdez...

Publicacións Relacionadas