Home Lugo A Mariña Occidental Míriam Bermúdez demanda as ordenanzas de “protección acústica” e de “tenza de...

Míriam Bermúdez demanda as ordenanzas de “protección acústica” e de “tenza de animais” para Viveiro

- Anuncio -

A concelleira do BNG de Viveiro, Míriam Bermúdez, destaca a tardanza na realización desta Ordenanzas Municipais tan demandandas pola veciñanza e a formación nacionalista, máxime, cando non son textos engorrosos a formalizar e tras ver que o Goberno Municipal cando quere, si saca Ordenanzas case dun día para outro, sen previo aviso e a poucos días antes do pleno. Véxase como exemplo a última ordenanza “Reguladora do uso, conservación e protección dos viais municipais”, aparecida por sorprensa e apenas entregada ao BNG cinco días antes da sesión plenaria na que se levaría a cabo a súa aprobación, sen diálogo previo coa oposición.

Comezamos por lembrar que a veciñanza do noso concello e en especial a que habita no casco histórico de Viveiro e Cantarrá, leva anos agardando por unha ordenanza que regule a contaminación acústica, en especial, desde que o BNG a levou a pleno en setembro de 2019 e saiu aprobada. Unha ordenanza na que se limiten as actividades xeradoras de ruído nocturno e se declaren as rúas máis conflitivas “zona acústicamente saturada” para poder intervir na mellora da calidade acústica medioambiental das mesmas.

Tamén cabe a destacar que en pleno 2022, Viveiro continúa sen unha “Ordenanza de tenza de animas” así como tampouco coa “Ordenanza regulación de uso e aproveitamento das praias”, apesares de que os informes indican que en Viveiro hai máis de 3.000 mascotas. Estas ordenanzas, ben para os amantes das mascotas e ben para os que non gostan delas, permitirán regular a vida en común de animais e persoas, horarios e normas básicas de convivencia, o que en termos xerais é, unha regulación da que todxs se beneficiarían.

Dende o BNG continuaremos instando ao Goberno de María Loureiro, que decida darlle prioridade a estas ordenanzas e poñelas en vigor canto antes para así mellorar, na medida do posíbel, a calidade de vida da nosa veciñanza.

Relacionadas

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

A Xunta de Galicia aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal de Alfoz...

0
Ángeles Vázquez salienta que é o sétimo municipio lucense en superar este trámite para contar cunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación...

A Xunta outorga os premios da 7ª edición do concurso de carteis escolares co...

0
Entre as 124 propostas presentadas, resultaron gañadores os traballos de alumnado de centros da Coruña, Arteixo, Vigo, Moaña, Guitiriz e O Carballiño con mensaxes...

Publicacións Relacionadas