Home Lugo A Mariña Occidental Míriam Bermúdez insiste en habilitar aseos públicos en Viveiro, máxime en época...

Míriam Bermúdez insiste en habilitar aseos públicos en Viveiro, máxime en época estival

- Anuncio -

O pasado 8 de xullo, o Concello de Viveiro a través das redes sociais facía saber que: “Abriranse os aseos do Templete da Música, para que poidan ser utilizados por persoas con mobilidade reducida. Estes servizos estarán habilitados dende hoxe, venres 8, e ata o domingo 10 de xullo.” Tendo en conta que dende agosto de 2021 existe unha moción do BNG aprobada cuxos puntos do acordo eran:

Desenvolver o proceso necesario para licitar o uso do local situado no baixo desta instalación.

Reabrir e pór a disposición da veciñanza os baños situados baixo o templete da música adaptándoos á normativa actual en canto a accesibilidade e servizos como un cambiador de cueiros.

E que en maio deste ano 2022 aprobabase tamén a moción do BNG para a habilitación de aseos públicos no Templete, San Roque e eventos multitudinarios cos seguintes ACORDOS:

Que se executen os trámites necesarios en relación co acordo aprobado para reabrir e pór a disposición da veciñanza os baños das instalacións do Templete da Música.

Cooperar coa comunidade de montes de San Roque para que os baños que existen nas inmediacións do parque permanezcan abertos.

Incluír no orzamento de 2023 unha partida que permita a contratación do reforzo de aseos sanitarios durante a celebración de festas, eventos multitudinarios e tamén durante o período estival.

Prever na medida do posible que as instalacións mencionadas estean adaptadas á normativa actual en canto accesibilidade e servizos, así como que dispoñan de máquinas expendedoras con material de hixiene persoal nos aseos.

Rogamos á alcaldía que informe e se explique sobre:

Os trámites que se levaron a cabo para abrir os baños do Templete da Música durante a Feira Renancestista, e de porqué non permanecen abertos o resto do ano.

Dos trámites que poidan ter desenvolto para abrir os baños de San Roque.

Dos motivos para non prever de aseos durante as festas de Celeiro, entre outras.

Da previsión de instalación de asesos durante o mes de agosto no que existen múltiples eventos.

Relacionadas

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

A Xunta de Galicia aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal de Alfoz...

0
Ángeles Vázquez salienta que é o sétimo municipio lucense en superar este trámite para contar cunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación...

A Xunta outorga os premios da 7ª edición do concurso de carteis escolares co...

0
Entre as 124 propostas presentadas, resultaron gañadores os traballos de alumnado de centros da Coruña, Arteixo, Vigo, Moaña, Guitiriz e O Carballiño con mensaxes...

A Xunta licita por máis de 235.000 euros a redacción dos proxectos para rehabilitar...

0
— Os inmobles foron mercados polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no marco do programa Rexurbe e as vivendas serán cualificadas como de...

Ribadeo conta xa cun plan para a dinamización do seu conxunt histórico con accións...

0
— O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a aprobación desta planificación coa que o municipio é, tras Mondoñedo, a segunda Área Rexurbe da...

O BNG triplicará o orzamento en cooperación para o desenvolvemento para situar a Galiza...

0
O candidato Luís Bará defende o deseño de instrumentos plurianuais máis eficaces da man do tecido asociativo para ter máis influencia nos territorios O BNG...

Publicacións Relacionadas