Home Lugo A Mariña Occidental Míriam Bermúdez propón mellorar as paradas de bus con postes informativos cos...

Míriam Bermúdez propón mellorar as paradas de bus con postes informativos cos destinos, horarios e prezos

- Anuncio -

O noso concello conta con máis de 60 liñas de autobús que unen as 12 parroquias de forma continuada e diaria, así como tamén unen Viveiro co resto da Mariña e a Galiza e que, con información e coñecemento, chegaría a moita máis xente reducindo de forma directa o intenso tráfico que soporta Viveiro e as emisións, o que axudaría a vivir nun ambiente máis saudábel.
Excepto casos illados, as paradas de autobús de Viveiro non contan co máis mínimo letreiro indicador, nin de presenza nin de información cos destinos, horarios e prezos, e poucas son as que contan con marquesiñas para estarmos ao cuberto das diferentes condicións climatolóxicas. Estas últimas solicitadas reiteradamente polo BNG ano tras ano coincidindo co comezo da tempada escolar.

Polo exposto a voceira do BNG de Viveiro, Míriam Bermúdez, solicitará ao pleno da corporación local a adopción dos seguintes acordos:

Colocar indicadores con información nas paradas con información dos destinos, horarios e prezos, comezando polas que teñan máis frecuencias de liñas.

Gardar unha partida dos Orzamentos Municipais 2023, ou do próximo Plan Único da Deputación se fora necesario, para a instalación de marquesiñas nas paradas priorizando as de uso escolar.

Relacionadas

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

A Xunta de Galicia aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal de Alfoz...

0
Ángeles Vázquez salienta que é o sétimo municipio lucense en superar este trámite para contar cunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación...

A Xunta outorga os premios da 7ª edición do concurso de carteis escolares co...

0
Entre as 124 propostas presentadas, resultaron gañadores os traballos de alumnado de centros da Coruña, Arteixo, Vigo, Moaña, Guitiriz e O Carballiño con mensaxes...

Publicacións Relacionadas