Home Lugo A Mariña Occidental Míriam Bermúdez solicita a suspensión e modificación da Ordenanza para a saca...

Míriam Bermúdez solicita a suspensión e modificación da Ordenanza para a saca de madeira

- Anuncio -

Míriam Bermúdez, a alcaldable do BNG en Viveiro, pon de manifesto a irresponsabilidade do actual equipo de goberno do PSOE que decidiu non aplicar a ordenanza aprobada

“Temos constancia de que esta ordenanza non se está aplicando, o que supón unha inseguridade xurídica para ambas partes, Concello de Viveiro e Sector Forestal. É inadmisible que un texto aprobado en abril de 2022 non se estea aplicando pola falta de rigor e competencia que obriga a traballar ao sector forestal sen ningunha proba documental da súa actividade, o que supón tamen para o Concello, unha total inseguridade xurídica á hora de velar polo correcto uso dos viais municipais”, detalla Míriam Bermúdez.

Por outra banda, o texto supón unha clara restricción e complicación dos traballos forestais, no que as exixencias burocráticas atrancan as solicitudes por non desenvolver ferramentas tecnolóxicas que axilicen os trámites tanto para o persoal do concello como para as empresas.

Míriam Bermúdez solicitou a suspensión temporal da ordenanza mentres non se modifique e acorde a modificación do texto na que exixe a participación de todas as empresas do sector forestal que habitualmente traballan no Concello de Viveiro, a maioría representadas pola Asociacion de Empresarios de Primeira Transformación da Madeira de Lugo, así como persoal técnico competente na materia, Axentes Forestais por exemplo e as persoas portavoces dos grupos que conforman a Corporación Municipal.

Relacionadas

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

A Xunta de Galicia aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal de Alfoz...

0
Ángeles Vázquez salienta que é o sétimo municipio lucense en superar este trámite para contar cunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación...

A Xunta outorga os premios da 7ª edición do concurso de carteis escolares co...

0
Entre as 124 propostas presentadas, resultaron gañadores os traballos de alumnado de centros da Coruña, Arteixo, Vigo, Moaña, Guitiriz e O Carballiño con mensaxes...

Publicacións Relacionadas