Home Lugo A Mariña Occidental Moción para a habilitación de aseos públicos no Templete, San Roque e...

Moción para a habilitación de aseos públicos no Templete, San Roque e eventos multitudinarios

- Anuncio -

No verán de 2019 viviamos na comarca unha das maiores consecuencias de non prever os medios sanitarios necesarios en eventos que congregan moita xente. Máis de 80 mulleres foron gravadas cunha cámara oculta, nunha situación íntima durante as festas da Maruxaina de Cervo, e o resultado das gravacións foi nalgún caso subido a páxinas pornográficas.
Os aseos públicos habilitados eran insuficientes, ao igual que ocorre no Concello de Viveiro durante eventos multitudinarios: Semana Santa, Mercado Renacentista, festas de San Roque, eventos que teñen lugar nos Xardíns Noriega Varela, ou mesmo en época estival pois Viveiro chega a triplicar a súa poboación.

Existen baños públicos noutros lugares, mais en pleno casco histórico non se conta con este servizo a pesares de existir instalacións para tal fin como son os aseos ubicados nos baixos do Templete da Música, e que dende o BNG instamos xa o agosto pasado, a realizar os trámites necesarios para reabrirlos.

Outra das ubicacións máis concurridas do noso concello, San Roque, tampouco conta con este servizo a pesar de existir instalacións sanitarias propiedade da Comunidade de Montes, fóra de uso.

As condicións de limpeza e salubridade das rúas do casco histórico en época festiva a parte de insana roza o repulsivo, primeiro para as persoas que vivimos aquí e segundo para as persoas que visitan un concello que presume de servizos para o turismo.

Por todo o anteriormente exposto, o grupo municipal do BNG solicita ao pleno da corporación local a adopción dos seguintes ACORDOS:

Que se executen os trámites necesarios en relación co acordo aprobado para reabrir e pór a disposición da veciñanza os baños das instalacións do Templete da Música.

Cooperar coa comunidade de montes de San Roque para que os baños que existen nas inmediacións do parque permanezcan abertos.

Incluír no orzamento de 2023 unha partida que permita a contratación do reforzo de aseos sanitarios durante a celebración de festas, eventos multitudinarios e tamén durante o período estival.

Prever na medida do posible que as instalacións mencionadas estean adaptadas á normativa actual en canto accesibilidade e servizos, así como que dispoñan de máquinas expendedoras con material de hixiene persoal nos aseos.

Relacionadas

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

A Xunta de Galicia aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal de Alfoz...

0
Ángeles Vázquez salienta que é o sétimo municipio lucense en superar este trámite para contar cunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación...

A Xunta outorga os premios da 7ª edición do concurso de carteis escolares co...

0
Entre as 124 propostas presentadas, resultaron gañadores os traballos de alumnado de centros da Coruña, Arteixo, Vigo, Moaña, Guitiriz e O Carballiño con mensaxes...

A Xunta licita por máis de 235.000 euros a redacción dos proxectos para rehabilitar...

0
— Os inmobles foron mercados polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no marco do programa Rexurbe e as vivendas serán cualificadas como de...

Ribadeo conta xa cun plan para a dinamización do seu conxunt histórico con accións...

0
— O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a aprobación desta planificación coa que o municipio é, tras Mondoñedo, a segunda Área Rexurbe da...

O BNG triplicará o orzamento en cooperación para o desenvolvemento para situar a Galiza...

0
O candidato Luís Bará defende o deseño de instrumentos plurianuais máis eficaces da man do tecido asociativo para ter máis influencia nos territorios O BNG...

Publicacións Relacionadas