HomeLugoNava Castro visita as obras de modernización realizadas no Hotel Balneario Augas...

Nava Castro visita as obras de modernización realizadas no Hotel Balneario Augas Santas co apoio da Xunta de Galicia

- Anuncio -spot_img

 A directora de Turismo de Galicia visitou as obras realizadas ao abeiro dunha subvención para contribuír á modernización e á mellora da competitividade dos establecementos hostaleiros galegos

 Grazas a esta achega, puidéronse acondicionar novos espazos, instalar nova sinalética e ampliar a dixitalización de servizos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe o Hotel Balneario Augas Santas, en Pantón, onde puido ver de primeira man as obras realizadas ao abeiro da subvención outorgada pola Xunta de Galicia a este establecemento para contribuír á súa modernización e á mellora da competitividade, por valor de 56.187,36€, no contexto da influencia da COVID na oferta dos servizos turísticos galegos.

Grazas a esta achega, este hotel balneario creou novos espazos para facilitar o fluxo de hóspedes e contribuír ao desenvolvemento do turismo familiar, así como a instalación de nova sinalética e a ampliación da dixitalización nos servizos que ofrece, entre outras melloras previstas na convocatoria de axudas da Xunta.

Durante a súa intervención, Nava Castro indicou que este tipo de actuacións contribúen a mellorar a oferta turística galega e a que Galicia siga batendo récords grazas á súa aposta pola calidade no sector hostaleiro, entre outros factores.

“Por isto, manifestou a directora de Turismo de Galicia, o sector turístico constitúe tamén unha aposta de futuro que está en constante crecemento, que require que nos adaptemos aos novos tempos”.

E así, deste xeito, Nava Castro, apuntou a que a Comunidade galega precisa ofrecer unha infraestrutura de aloxamento moderna e de calidade, “que permita aos nosos visitantes gozar do destino ao tempo que poidan dispor de todos os servizos para o seu máximo confort e tranquilidade, por elo agradecemos o traballo incansable que están levando a cabo todas as persoas que participaron en iniciativas tan importantes como a renovación e modernización deste hotel balneario”.

Publicacións Relacionadas