Home Lugo O Centro Cívico Maruja Mallo aclimata as súas instalacións para incrementar a...

O Centro Cívico Maruja Mallo aclimata as súas instalacións para incrementar a confortabilidade do inmoble

- Anuncio -

Nas últimas semanas foron instaladas láminas anticalóricas en 97 cristais e proximamente se procederá á colocación de 16 aparatos de aire acondicionado nas diversas salas do edificio

O importe total dos traballos, enmarcados no obxectivo de acadar unha maior eficiencia enerxética nas dependencias municipais, ascende a 21.366 euros


O centro cívico Maruja Mallo comezou este 2021 mellorando as súas instalacións.

Nestas semanas, as dependencias municipais están a ser reformadas para incrementar a climatización das estancias e contribuír á unha maior eficiencia enerxética nas mesmas.

Os traballos consisten na colocación de láminas anticalóricas que xa foron instaladas en 97 cristais dos andares 1º, 2º e 3º do edificio. “Rotulándoas polo exterior, acadamos un efecto espello, limitando a entrada directa da radiación solar, favorecendo a claridade e permitindo realizar en condicións óptimas a actividade prevista no interior. Evítanse así reflexos molestos e, pola contra, aumentamos as condicións de confort, no que a calor se refire”, indicou a edil de Benestar, Olga López Racamonde, que tamén apuntou que estas tarefas tiveron un custo de 8.903 euros.

Por outra banda, proximamente se ubicarán 16 aparatos portátiles de aire acondicionado nas diversas salas das que dispón o inmoble, co fin de poder regular, axeitadamente, a temperatura ambiental. Equipamentos que foron orzamentados en 12.463 euros.

O Centro Maruja Mallo é, segundo sinalou a concelleira, un dos que aglutina maior actividade e tamén a un maior número de usuarias e usuarios, “xa que a súa área de influencia alcanza a 12.000 persoas, entre a zona urbana e a rural e dispensa ao redor de 3.000 consultas ao ano, alén da atención prestada polos educadores e a animación sociocultural que se imparte”, abondou López Racamonde.

O investimento total para o conxunto das obras ascende a 21.366 euros que se suma aos 20.000 € destinados xa por Benestar nos ultimos meses ao repintado dos centros do Sagrado Corazón, María Balteira e a Casa das Asociacións.

Relacionadas

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

A Xunta de Galicia aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal de Alfoz...

0
Ángeles Vázquez salienta que é o sétimo municipio lucense en superar este trámite para contar cunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación...

A Xunta outorga os premios da 7ª edición do concurso de carteis escolares co...

0
Entre as 124 propostas presentadas, resultaron gañadores os traballos de alumnado de centros da Coruña, Arteixo, Vigo, Moaña, Guitiriz e O Carballiño con mensaxes...

Publicacións Relacionadas