Home Lugo O concello de Muras premio Eolo 2021 á Integración Rural da Eólica

O concello de Muras premio Eolo 2021 á Integración Rural da Eólica

- Anuncio -

O concello lucense de Muras vén de ser recoñecido co Premio Eolo á Integración Rural da Eólica “por tratarse dunha comarca modélica no desenvolvemento eólico” segundo o xurado reunido en Madrid o pasado 26 de maio. A Asociación Empresarial Eólica (AEE) outorga os Premios Eolo como un recoñecemento á enerxía eólica en España e, nesta X Edición, participaron máis de 300 candidatos nas distintas categorías.

A implantación desta enerxía no territorio de Muras comezou hai 20 anos. Este concello, de algo máis de 163 km cadrados e con 614 habitantes, ten unha potencia eólica instalada de 485 MW repartidos en 15 parques eólicos e 381 aeroxeradores das empresas Acciona, Endesa, HEI do Arnoya SL, Iberdrola e Norvento. Foi xa en 1995 cando comezaba a construción do primeiro parque eólico na zona. Muras, como tantos concellos do interior galego, baseaba a súa economía na agricultura e gandería, e nos anos 50-60 do pasado século a emigración xunto co descenso da natalidade provocaron baleiros demográficos. Polo que co tempo, o principal motor económico do concello era a fábrica de produtos plásticos do Grupo Ferro, que segue dando emprego na localidade.

Pero a chegada dun novo equipo rexedor en 2015 encabezado Manuel Requeijo -reelixido nas eleccións munipais de 2019- significou o comezo de novos enfoques ante esta realidade. “O que buscamos dende o comezo”, explica o alcalde, “é que os beneficios da enerxía eólica redundasen nos lugares onde están asentados os parques e os muíños. No noso caso, que beneficiasen aos veciños e veciñas de Muras”.

Aproveitar os recursos. Habida conta de que máis do 50% dos recursos municipais proveñen dos parques eólicos polo Imposto de Actividades Económicas, o IBI de características especiais, e subvencións autonómicas como o Fondo de Compensación Ambiental, “decidimos dende un comezo”, continúa o alcalde, “que os impostos que xeneran os parques revertisen ao 100% na zona”. Finalmente a decisión foi que os recursos fosen a subvencionar actuacións que mellorasen a calidade de vida dos veciños de xeito directo: axudas para o pago da factura da luz desde 2017 (chegan ata os 77.000 euros no orzamento), axudas á natalidade, bonos e medidas de conciliación para fomentar a permanencia no municipio, investimentos de substentabilidade enerxética (instalación de enerxías renovables para servizos públicos, adquisición de vehículos eléctricos, e instalación de puntos de recarga); mellora de prestacións sociais, rehabilitación e mellora de infraestruturas municipais e acondicionamento urbano xeneral (rede de subministración de auga potabilizada e adecuación á normativa das existentes), así como a reconversión de antigas escolas en locais sociais, espazos para autocaravanas e observatorios do ceo e as estrelas. De feito o pasado decembro Muras alcanzou a consideración de Concello Starlight, ao estar exento de contaminación lumínica.

Se ben os proxectos eólicos favoreceron novos impulsos na zona, o goberno municipal é partidario “dun modelo enerxético máis xusto, no que a Xunta de Galicia participe tamén das explotacións”. Pensa que cómpre “revisar o plan éolico de Galicia” e aunar os intereses de todas as partes creando sinerxias entre as distintas administracións.

Dende a Corporación, en todo caso, significan que están “moi contentos por este recoñecemento”, animando a outros concellos a facer o mesmo para mellora a calidade de vida dos seus veciños. Tamén agradecen a implicación nesta candidatura de Acciona, Asociación Eólica de Galicia, Iberdrola, Norvento Enerxía, Enel Green Power, Sincro Mecánica (Grupo Intaf) e Tesicnor.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

A Xunta de Galicia aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal de Alfoz...

0
Ángeles Vázquez salienta que é o sétimo municipio lucense en superar este trámite para contar cunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación...

A Xunta outorga os premios da 7ª edición do concurso de carteis escolares co...

0
Entre as 124 propostas presentadas, resultaron gañadores os traballos de alumnado de centros da Coruña, Arteixo, Vigo, Moaña, Guitiriz e O Carballiño con mensaxes...

A Xunta licita por máis de 235.000 euros a redacción dos proxectos para rehabilitar...

0
— Os inmobles foron mercados polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no marco do programa Rexurbe e as vivendas serán cualificadas como de...

Publicacións Relacionadas