Home Lugo A Mariña Oriental O percorrido da gastroneta de Ecolóxicos a Mares chegou á súa fin...

O percorrido da gastroneta de Ecolóxicos a Mares chegou á súa fin onte en Ribadeo

- Anuncio -

Con motivo do convenio de colaboración que xurdiu o ano pasado entre o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, a raíz do cal naceu Ecolóxicos a Mares, neste mes de setembro levouse a cabo unha nova iniciativa na que se foron amosando as bondades e as delicias dos produtos ecolóxicos galegos do mar a través dunha food truck, a cal se foi achegando a diversas localidades da nosa comunidade. Tamén se repartiron agasallos e folletos informativos.

Durante a mañá de onte, de 12:00 a 16:00 horas, a gastroneta estivo na rúa San Francisco de Ribadeo como última parada. Asistiron ao acto o presidente do Craega, Francisco Valladares; o conselleiro do Mar, Alfonso Villares; o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, e a creadora de contido Leticia Varela. Unha das tapas que se puideron degustar nesta localidade da Mariña Lucense degustar foi sushi ecolóxico.
O obxectivo principal de Ecolóxicos a Mares é promover e mellorar a comercialización dos produtos ecolóxicos do mar galego. De feito, este convenio xorde coa intención de seguir consolidando Galicia coma un referente no sector acuícola nacional e internacional.

As paradas da food truck
O venres día 13 tivo lugar o acto de presentación en Vilanova de Arousa e, dende entón, a gastroneta realizou unha viaxe por toda a comunidade facendo parada en oito localidades en total: Vilanova de Arousa, Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Sanxenxo, Lugo e Ribadeo.
O chef Xabier Arca foi o encargado da elaboración das diferentes tapas que se foron presentando estes días. Varios creadores de contido se achegaron durante estes días á food truck: Blondiemuser, Donkeycool, Rubén Prieto, Engaliciamorate, Rogelio Santos, Sen Paraxe e Leticia Varela.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

A Xunta leva en setembro de 2025 a Lugo Love of Lesbian, Carolina Durante...

0
O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Lugo participaron hoxe na presentación do cartel dos concertos que se celebrarán...

Publicacións Relacionadas