HomeDeputaciónsDeputación LugoPortomarín brinda coa tradición popular nunha nova edición da súa Feira da...

Portomarín brinda coa tradición popular nunha nova edición da súa Feira da Augardente que conta co apoio da Deputación

- Anuncio -spot_img

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este domingo na última xornada da Festa da Augardente de Portomarín, que este ano celebrou a 54ª edición. A Deputada Provincial asistiu ao acto de recepción dos novos cabaleiros e damas que ingresaron na Orde Serenísima da Alquitara e ao pregón, a cargo de Esteban Ramón Pérez López, veciño da localidade. A cita celebrouse ao longo desta fin de semana e a programación incluíu numerosas actividades como: unha carreira popular, almorzo e degustación de anguía, procesión, así como numerosas actuacións musicais. A institución provincial colabora con este evento, que reuniu a numerosos veciños e visitantes, a través do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos cunha achega de 6.000€.

Publicacións Relacionadas