Home A Coruña Román Rodríguez felicita aos compañeiros de Mondoñedo, Ponte Caldelas, Ponteceso e Boqueixón...

Román Rodríguez felicita aos compañeiros de Mondoñedo, Ponte Caldelas, Ponteceso e Boqueixón pola declaración do toque manual de Campás como Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO

- Anuncio -

— Representantes dos catro municipios avalaron a candidatura española liderada polo Ministerio á que se adheriron varias comunidades como Galicia, que participa dentro da franxa norteña

— O titular de Cultura da Xunta agradece a súa axuda e valora moi positivamente este recoñecemento que permitirá “preservar esta tradición e o seu valor etnográfico”

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, felicitou hoxe aos campaneiros de Mondoñedo, Ponte Caldelas, Ponteceso e Boqueixón pola súa contribución a que o toque manual de campás veña de ser incluído na lista de manifestacións representativas do Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco. Así o manifestou en Rabat como parte da delegación española que participa no 17 Comité Intergubernamental para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial, onde vén de tomarse esta decisión.

Campaneiros de toda España, entre eles os galegos, contribuíron á consecución da declaración, xa que todos a avalaron con cartas de consentimento como representantes do saber deste oficio. En concreto, por parte de Galicia participaron Valentín Ínsua Palacios, da Catedral de Mondoñedo; Elías Darriba, de Campaneiros da Insua, en Ponte Caldelas; José María López, dos Campaneiros de San Fins do Anllóns de Ponteceso, e Víctor Curros, de Campaneros de Santa María de Lamas e Sergude de Boqueixón.

Román Rodríguez, que asiste a este foro cultural internacional acompañado pola directora xeral de Patrimonio Cultura, Mª del Carmen Martínez, agradeceu a súa axuda e valorou moi positivamente este recoñecemento que permitirá, dixo, “preservar esta tradición e o seu enorme valor etnográfico para garantir a súa continuidade e protección”.

Candidatura conxunta
A proposta de inscrición no rexistro de bens de interese cultural respondeu á iniciativa de distintas asociacións españolas implicadas nesta práctica, que contactaron con distintos profesionais e institucións para traballar con estreita colaboración para soster a candidatura, foi tramitada polo Ministerio de Cultura e Deporte. A candidatura que lidera o Ministerio adheríronse varias comunidades. Xunto a Galicia -que participa na franxa norteña-, tamén están representadas a Comunidade Valenciana, Madrid, Castela e León, País Vasco, Navarra, Cataluña e Andalucía.

A tradición dos toques manuais de campás está presente en distintas partes de España e demostra a variedade de formas ao longo da xeografía española así como dos distintos tipos de toque. É un sistema de comunicación que se vén mantendo ao longo dos séculos como medio de expresión na vida relixiosa e civil. De feito, os toques, baseados no ritmo, tiveron historicamente un papel relevante á hora de organizar a vida comunitaria, delimitar o tempo e espazo laboral, festivo e de doo.

Relacionadas

As Neves contratará nove persoas para reforzar servizos municipais de limpeza, mantemento...

0
O Goberno de As Neves vén de anunciar a contratación de nove traballadores e  traballadoras para reforzar distintos servizos municipais durante 2025, incluíndo a ...

O Porriño resolve a concesión de 175.000 euros en axudas para comunidades de augas

0
Estas axudas permiten reforzar o abastecemento de auga nas parroquias do Porriño, garantindo un servizo máis seguro e eficiente para toda a veciñanza O Concello...

O PSdeG-PSOE de Salceda esixe o Cumprimento do Acordo de Investidura para o ...

0
Os socialistas e as socialistas de Salceda solicitamos ao actúal equipo de goberno  que poña enriba da mesa un proxecto serio de orzamentos para...

O Concello de Oia contratará 7 persoas ao abeiro do Plan +Provincia 2025 da...

0
O Concello de Oia contratará un total de 7 persoas ao abeiro do Plan +Provincia 2025 da Deputación de Pontevedra (liña 3, de activación...

Melloras no Centro de Saúde das Neves: Un paso máis cara unha ...

0
O Concello das Neves celebra a finalización das obras  de reforma do centro de saúde municipal, unha actuación que mellora a accesibilidade e  a...

0
O Concello de Tui declara un día de loito oficial polo pasamento de Xosé Martínez Tato Era concelleiro do BNG  na corporación municipal dende o...

Publicacións Relacionadas