Free Porn
xbporn
Home Lugo Medio Ambiente somete a información pública por un prazo de dous meses...

Medio Ambiente somete a información pública por un prazo de dous meses o Plan Básico Municipal do concello do Páramo

- Anuncio -

A partir de hoxe, todas as persoas ou entidades interesadas poderán presentar as súas achegas ao documento, aprobado inicialmente o pasado 10 de decembro

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda somete a información pública o Plan Básico Municipal (PBM) do Concello do Páramo, que foi aprobado inicialmente o pasado 10 de decembro e é o primeiro instrumento deste tipo, recollido na Lei do Solo, que se tramita na Comunidade galega.
O prazo para que as persoas ou entidades interesadas no documento poidan coñecelo e
presentar as súas posibles achegas e alegacións abriuse hoxe e prolongarase por un
período de dous meses, segundo consta no anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia.
Durante o referido prazo, poderá examinarse o documento en horario de oficina, con cita
previa, e presentar alegacións nas dependencias do Servizo Provincial de Urbanismo da
Xefatura Territorial de Lugo ou no propio Concello do Páramo. Así mesmo, tamén poderá
consultarse o documento na web da Consellería e achegarse por vía telemática as referidas
achegas a través do correo sxurb@xunta.gal .
Cómpre lembrar que segundo a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia, os plans
básicos municipais son os instrumentos de planeamento urbanístico que se redactarán en
desenvolvemento do Plan básico autonómico para os concellos de menos de 5.000
habitantes que non conten cun instrumento de planeamento xeral.
Co fin de obter unha guía de orientación que axudara e motivara a estes concellos a dotarse
dun PBM, concibido como instrumento de ordenación básico para permitir o desenvolvemento elemental dunha certa actividade urbanística, a Xunta asumiu
directamente a redacción do primeiro Plan Básico Municipal, o do Concello do Páramo; e
colabora técnica e economicamente cos outros oito concellos que se atopan tramitando esta
ferramenta de ordenación. Concretamente, trátanse de Ribeira de Piquín, Riotorto, Trabada,
Triacastela, Cartelle, Padrenda, Porqueira e San Xoán de Río, que nos vindeiros meses
aprobarán o seu propio plan básico, tras superar xa a tramitación ambiental.
Unha década apostando polo urbanismo responsable
A tramitación deste primeiro Plan Básico Municipal (PBM) enmárcase no esforzo realizado
na última década pola Xunta de cara a acadar o obxectivo de dotar a Galicia dun urbanismo
sostible e responsable e protexer a paisaxe. Así, desde o ano 2009 aprobáronse
instrumentos normativos e medidas para avanzar neste reto como as Directrices de
Ordenación do Territorio, o Plan de Ordenación do Litoral, ou a Estratexia da Paisaxe Galega
ou o Plan Básico Autonómico; e dotouse á comunidade dunha nova Lei do Solo e mais
recentemente da Lei de Ordenación do Territorio.

Neste sentido, a aprobación inicial do PBM do Páramo é un punto e seguido para seguir
avanzando na tramitación dos outros oito plans básicos actualmente en tramitación, dos q
xa se licitou a obtención da súa cartografía como un primeiro paso nos traballos previos para a obtención desta ferramenta de ordenación.
Ao mesmo tempo, este ano a Consellería tamén reserva unha partida de 3,2 millóns de
euros para habilitar axudas á redacción do planeamento, co fin de incrementar a lista de
concellos que contan cun plan xeral propio, adaptado e acorde á normativa vixente.

Relacionadas

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5M€

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización...

A Xunta pon en valor o labor dos centros comerciais abertos e federacións de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración da IV...

A Xunta avanza nos nos traballos para construir o Comité de Expertos que estudará...

0
As Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar están a deseñar a composición dese grupo e as liñas de actuación para...

A Xunta enxalza os emigrantes como os mellores embaixadores de Galicia no Mundo

0
Coincidindo co Día de Galicia, José González asistirá ao acto do 45º aniversario do Centro Galicia de Bos Aires, unha entidade que conta con...

A Xunta impulsa a colaboración coas federacións e asociacións en materia de consumo para...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou nunha xornada de traballo coas federacións e asociacións con máis de 5 anos de...

A Xunta promove a reinterpretación dos sombreiros tradicionais galegos no Festival Asnot de Padrón

0
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, entregou hoxe o Premio Internacional de Sombreirería Chapeu Contest 2024, que recaeu na revisión dun...

Publicacións Relacionadas