HomeLugoA UlloaTécnicos do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar avalían as melloras na...

Técnicos do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar avalían as melloras na Galiña Azul

- Anuncio -spot_img

•As obras, impulsadas tras a reunión entre a alcaldesa Pili e o xerente Perfecto Rodríguez, comezarán previsiblemente no verán para non interferir no servizo

Na mañá de hoxe, técnicos enviados polo xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, mantiveron unha reunión de traballo coa alcaldesa Pili e co concelleiro de Obras co obxectivo de avaliar as melloras que se levarán a cabo na Galiña Azul do municipio.

Estas instalacións, que contan xa con moitos anos de funcionamento, presentan diversas necesidades debido á falta de investimentos realizados polo anterior goberno municipal.
Esta situación derivou nun deterioro progresivo en distintos espazos do centro, facendo necesaria unha actuación de mellora en varios aspectos.

Hai uns días, a alcaldesa Pili reuniuse co xerente Perfecto Rodríguez para trasladarlle de primeira man a situación das instalacións e a necesidade de acometer actuacións canto antes. Como resultado daquela xuntanza, na xornada de hoxe os técnicos desprazados ao municipio realizaron unha visita detallada para valorar sobre o terreo as intervencións que se executarán.

As obras previstas permitirán modernizar e mellorar diferentes dependencias da Galiña Azul, adaptándoas ás necesidades actuais e reforzando a seguridade e o confort tanto do persoal como das nenas e nenos usuarios do centro.

Segundo o previsto, os traballos comezarán na época estival, co fin de non entorpecer o normal funcionamento do servizo e minimizar as molestias ás familias.

O Goberno municipal reafirma así o seu compromiso coa mellora das infraestruturas educativas e coa calidade dos servizos públicos, traballando de maneira coordinada con outras administracións para dar resposta ás necesidades reais da veciñanza.

Publicacións Relacionadas