Free Porn
xbporn
Home Terra Chá Begonte A Xunta colabora na mellora de dous parques infantís no concello lucense...

A Xunta colabora na mellora de dous parques infantís no concello lucense de Begonte

- Anuncio -

— A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe as actuacións realizadas nestas instalacións, que contan cunha axuda de preto de 35.000 euros no marco da Orde de Infraestrutura de uso público

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou esta mañá as melloras realizadas nos parques infantís dos lugares de Illán e Baamonde, no concello de Begonte, co que a Xunta colaborou no marco da Orde de Infraestruturas de uso público cunha achega de preto de 35.000 euros.
Natalia Prieto explicou que as obras tiveron como obxectivo mellorar os espazos de ocio dos nenos que foran construídos hai anos e que se atopaban en mal estado de conservación. Con esa finalidade, colocouse unha soleira e pavimentouse a zona de xogos, ademais de substituír os elementos e delimitar o recinto cun peche de seguridade.
Con esta actuación dotouse ao concello dun servizo público para o lecer dos máis pequenos, o que contribúe a mellorar a calidade de vida dos cativos de Begonte e da súa veciñanza en xeral.
O Goberno galego destina este exercicio á convocatoria da Orde de Infraestruturas de uso público 4 millóns de euros, mantendo o orzamento do ano pasado despois de incrementalo en 2020 nun millón de euros. Así, a Administración autonómica financia os proxectos dos concellos galegos para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.
Natalia Prieto destacou o compromiso da Xunta de manter o apoio que precisan os municipios para levar a cabo actuacións en beneficio dos seus veciños. No caso de Begonte, o Goberno galego leva investido máis de 530.000 euros en melloras ambientais e de infraestruturas.

Relacionadas

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5M€

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización...

A Xunta pon en valor o labor dos centros comerciais abertos e federacións de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración da IV...

A Xunta avanza nos nos traballos para construir o Comité de Expertos que estudará...

0
As Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar están a deseñar a composición dese grupo e as liñas de actuación para...

A Xunta enxalza os emigrantes como os mellores embaixadores de Galicia no Mundo

0
Coincidindo co Día de Galicia, José González asistirá ao acto do 45º aniversario do Centro Galicia de Bos Aires, unha entidade que conta con...

A Xunta impulsa a colaboración coas federacións e asociacións en materia de consumo para...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou nunha xornada de traballo coas federacións e asociacións con máis de 5 anos de...

A Xunta promove a reinterpretación dos sombreiros tradicionais galegos no Festival Asnot de Padrón

0
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, entregou hoxe o Premio Internacional de Sombreirería Chapeu Contest 2024, que recaeu na revisión dun...

Publicacións Relacionadas