A proba está incluída no campionato provincial e con ela péchase a tempada 2021-2022 nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete
Os inscritos, un 25 % máis que no pasado ano, pertencen a cinco clubs ourensáns
Un total de 137 padeeiros participan este próximo domingo, día 25, na quinta regata da Copa Deputación de Piragüismo, a celebrar en Barra de Miño (Coles). Unha proba incluída no campionato provincial desta disciplina e organizada polo Club Piragüismo Ourense e a federación galega, ademais do patrocinio da Deputación.
A regata foi presentada esta mañá no Pazo Provincial coa presenza do asesor de Deportes do goberno provincial, Bernardino González; a tenente alcalde de Coles, Susana Rodríguez; e os representantes do club organizador, Mercedes Sánchez e Santiago Carvajales.
A regata pecha a tempada 2021-2022, así como tamén a liga provincial nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. Os 137 inscritos, un 25 % máis con respecto á participación do pasado ano, pertencen a cinco clubs da provincia: Fontefría de Muíños; Fluvial O Barco; Fluvial Avión; Castrelo de Miño; Fluvial Allariz; e Piragüismo Ourense.