O próximo mércores día 10, ás 10:30 da mañá, nas Praza das Damas s/n de Ourense, queremos convidarvos á presentación do festival PEDRA.
A edición do 2025, contará con máis programación musical e teatral que nunca, sen renunciar ás actividades en torno á arqueoloxía e ao patrimonio inmateral que xa son a marca diferencial de PEDRA.
Nesta 5ª edición queremos tamén reivindicar a figura do asociacionismo que programa cultura dende o rural.
Por iso, ademais da presenza do coordinador do proxecto, o investigador Óscar Penín, estarán na rolda de presa os representantes da organización culturais do rural participantes nesta edición (Asociación de Amigos do Patrimonio de Toén, Fundación Otero Pedrayo e Loiro na Memoria),
FESTIVAL PEDRA_ PROGRAMA
PEDRA desenvolverase dende o 12 de setembro ata o 20 de setembro, contará con 4 xornadas e 2 sedes (Loiro (Barbadás), Trasalba (Amoeiro).
VENRES 12 DE SETEMBRO. LOIRO
16:30 Aberto x obras: visita as escavacións do Castro de Trelle mantidas polos responsables. Saída dende os hórreos de Loiro.
19:00 Concerto comentado de músicas de raíz. Fundación Legar.
20:30 Concerto: Neonymus
SÁBADO 13 DE SETEMBRO. LOIRO-
12:00 Concerto: dj Dani Tamayo
12:00 Xogos populares e obradoiros da Bela Auria, con monitores.
13:30 Concerto: Allo Negro.
16:30 REGUEIFA TOUR
17:30 Contacontos: Uxía Morán
19:00 Concerto: Lideira.
20:30 Concerto: Dj Triston
22:00 Concerto: Vimbio.
FOODTRUCK todo o día. Strambotica lunch-vagon (TEX-MEX-GAL)
VENRES, 19 DE SETEMRO. TRASALBA -fundación Otero Pedrayo-
11:00 Anxo Moure
SÁBADO 20 DE SETEMBRO. TRASALBA -fundación Otero Pedrayo-
16:30 Presentación do facsímil da revista literaria A Bisbarra, polos veciños promotores desta publicación levada adiante dende o 1981, na mancomunidade de santa Águeda (A Peroxa, Coles, Amoeiro e Vilamarín).
17:30 Presentación. Cristian F. Caruncho. Actual premio Castelao de BD.
19:30 Concerto de Cinta Adhesiva.
20:30 Concerto. Ulises en Trasalba.
21:30 Sesión arqueoastronomía dende o Pazo.



