HomeOurenseA adxudicación do contrato de mantemento de zonas verdes, en fase de...

A adxudicación do contrato de mantemento de zonas verdes, en fase de informe da Asesoría Xurídica

- Anuncio -spot_img

17 empresas presentaron as súas ofertas ao Concello para optar a este contrato

A adxudicación do contrato de mantemento e mellora das zonas verdes da cidade encara a súa última fase logo de que 17 empresas presentasen as súas ofertas ao Concello de Ourense.

Actualmente, segundo se informou na xunta de área celebrada esta mañá, o expediente de contratación está en fase de informe por parte da Asesoría Xurídica municipal, pois na fase de licitación -e a preguntas de empresas interesadas no contrato- a actual adxudicataria achegou un cálculo de custes de persoal a subrogar superior -nuns 19.000 euros- ao que comunicara na primeira fase da licitación. Os servizos xurídicos do Concello avaliarán a situación para determinar que pasos se deben seguir.

A situación deste expediente foi tratada na xunta de área de Medio Ambiente e de Urbanismo, celebrada no salón de plenos baixo a presidencia do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e coa participación de técnicos da Concellería de Medio Ambiente e de representantes dos grupos políticos municipais.

Publicacións Relacionadas