Free Porn
xbporn
Home Terra de Caldelas Castro Caldelas A alcaldesa socialista de Castro Caldelas impide a visita de Rueda á...

A alcaldesa socialista de Castro Caldelas impide a visita de Rueda á vila co autobús de ‘Galicia non para!

- Anuncio -

· Denegou hoxe mesmo á empresa propietaria do autobús a autorización para ocupar a vía pública, resolución que só trasladou de forma verbal

· Os populares lamentan a actitude do PSOE, que demostra ter medo, nerviosismo e unha idea moi alonxada do verdadeiro significado da democracia ao impedir que un dirixente político do PP tome contacto coa realidade das galegas e os galegos

· Está é a primeira ocasión na que autobús atopa a negativa dun concello para facer parada coa veciñanza desde o pasado 1 de outubro e logo de visitar oito concellos

O autobús de ‘Galicia non para!’, co que o presidente do PPdeG Alfonso Rueda está a percorrer a comunidade galega para manter un contacto máis directo coa cidadanía, non poderá facer parada este domingo, día 19, en Castro Caldelas.

Al alcaldesa socialista, Sara Inés Vega, denegou hoxe mesmo á empresa propietaria do autobús a autorización para ocupar a vía pública, resolución que só trasladou de forma verbal malia os intentos por varias vías de obter una contestación por escrito.

Os populares de Castro Caldelas, e por extensión da provincia de Ourense e a formación en Galicia, lamentan a actitude da alcaldesa en tanto que está a impedir o contacto directo de Alfonso Rueda coa veciñanza da vila, demostrando ter unha idea moi alonxada do verdadeiro significado da democracia.

Para os populares, impedir que un dirixente político do PP tome contacto coa realidade das galegas e os galegos é unha mostra máis de como entenden desde as filas socialistas o xogo democrático, é dicir, poñendo todas as trabas posibles o labor dos políticos populares. Unha actitude que revela nerviosismo e medo ante a forza do Partido Popular en Galicia.

Está é a primeira ocasión na que autobús de ‘Galicia non para!’ atopa a negativa dun concello para facer parada coa veciñanza des que botou a circular polas estradas galegas o pasado 1 de outubro. Desde entón percorreu xa oito concellos: Silleda, Portomarín, Porto do Son, Bande, Cuntis, Malpica, Sober e Ames.

Relacionadas

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

O alcalde de Ourense recibe a xogadora ourensá internacional Carlota Álvarez

0
A xogadora do Club Hockey Albor de Ourense vén de proclamarse subcampiona de Europa sub 21 de hockey herba O alcalde de Ourense, Gonzalo P....

Comezan catro días de festas na Ponte na honra de Santiago Apóstolo

0
Os festexos desenvolveranse desde o mércores 24 ao sábado 27 de xullo Os locais de hostalería ampliarán o seu horario por un máximo de dúas...

A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou 8 acordos na súa sesión ordinaria...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adoptou 8 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar ás 8.30 h...

O Pleno aproba os convenios de colaboración que permitirán construír sete residencias para maiores...

0
A institución provincial investirá 2.650.916,95 euros nas anualidades de 2024 e 2025 para cofinanciar a construción de centros para maiores na Gudiña, A Teixeira,...

Publicacións Relacionadas