Os Magos percorrerán a cidade nos seus dromedarios, nun desfile que repartirá 4 toneladas de caramelos
A comitiva, de máis de 300 persoas, incluirá tamén unha lexión romana, cuadriga, tambores, personaxes sobre zancos e patíns, manequíns, cabalos e xigantes inchables, carteiro real, 3 carrozas e 21 paxes
Máis de trescentos participantes, con 20 escenas de animación, batucada, dous grupos musicais e o espectáculo de Pablo Méndez acompañarán os Reis Magos na súa visita a Ourense, na Cabalgata que mañá, xoves, día 5 de xaneiro, percorrerá as rúas da cidade a partir das 18.00 horas, con saída desde a estación do tren até a Alameda, pasando pola Avenida das Caldas e a rúa do Progreso. Ás 19.30 horas será a recepción ás súas maxestades, con ofrenda no belén, benvida por parte do alcalde, e saúdo ao público dos Reis na Praza Maior, onde a capacidade estará limitada (cun máximo de 2.500 persoas).
A Cabalgata irá precedida dun avance de animación, formado por dúas charangas e bailaríns, que amenizarán a espera do público, uns 15 minutos antes do paso da comitiva, que avanzará por esta orde:
Batucada
Personaxes sobre zancos e patíns
Camión antigo do servizo de Bombeiros
Manequíns inchables
Carroza Musical, coa actuación de Diego Nóvoa Band
Cabalos inchables
Carteiro Real
Xigantes inchables
Lexión Romana, Cuadriga e Tambores
Carroza do Rei Melchor
Carroza do Rei Gaspar
Carroza do Rei Baltasar
Reis Magos, con dromedarios e o seu séquito formado por 21 paxes
Camión de agasallos
Pablo Méndez Troupe, co seu espectáculo de animación
Remate, co bus musical, no que actuará o grupo Broken Peach



