Home Ourense A Cabalgata de Reis de Ourense ocasionará cortes de tráfico o domingo...

A Cabalgata de Reis de Ourense ocasionará cortes de tráfico o domingo pola tarde en diferentes rúas na cidade

- Anuncio -

A celebración da Cabalgata de Reis 2025 de Ourense requirirá levar a cabo cortes de tráfico en varias rúas da cidade o vindeiro domingo, día 5 de xaneiro, pola tarde. Ao afectar a unha das arterias principais do tráfico, como é a rúa do Progreso, a Policía Local do Concello de Ourense recomenda as persoas condutoras que traten de evitar acceder ao percorrido e principalmente a esta rúa, que permanecerá pechada na súa maior parte, desde a Praza de Concepción Areal até o Xardín do Posío. A Cabalgata sairá sobre as 18.00 horas da estación de tren e avanzará por Rúa Xesús Pousa, Ponte do Milenio (sen público), Pardo de Cela, Progreso, e Doutor Marañón (sen público), até rematar na Praza Maior

O primeiro corte de tráfico producirase ás 15.30 horas e afectará á rúa Pardo de Cela, á Ponte do Milenio, e a catro rúas do barrio da Ponte que dan acceso ao itinerario: Eulogio Gómez Franqueira, Avenida de Marín, Xesús Pousa e Basilio Álvarez. Como itinerarios alternativos, a Policía Local advirte que:

  • A circulación que proveña da estrada de Vigo (CN-120) ou da estrada de Madrid (CN-525) cara a Santiago terá que acceder pola estrada de Monforte, (CN-120) e viceversa ou pola rúa Río Arnoia
  • A circulación que baixe pola Avenida de Santiago deberá acceder á Avenida de Marín e a Ponte Novo.

As persoas que desexen acceder á estación intermodal poderán facelo pola rúa Eulogio Gómez Franqueira ata o centro de saúde, ao que se pode chegar pola rúa Rio Arnoia, pola CN-120 ou pola Ponte Ribeiriño. Este é o itinerario máis próximo para parar preto das estacións. Porén, outra alternativa é avanzar pola Avenida de Marín ata o Espazo Lusquiños. Nos dous casos, os vehículos regresarán polo mesmo percorrido, xa que estará pechada ao tráfico a entrada principal da estación de tren (aparcadoiro e vía de parada incluídos)

Unha vez que a Cabalgata cruce a Ponte do Milenio, irase restablecendo paulatinamente a circulación do barrio da Ponte

O segundo corte de tráfico será ás16.00 horas. Neste caso, pecharanse o acceso á Praza Concepción Arenal e o terceiro tramo de Progreso (desde Concepción Arenal até Ervedelo). A partir das 16.30 pecharase o resto do itinerario. Por tanto, indican desde a Policía Local que nos minutos previos debe evitarse circular desde o Xardín do Posío en sentido ao centro da cidade ou acceder á rúa Progreso desde o Pavillón, avenida da Habana, Sáenz Díez, Xoán XXIII ou Parada Justel. Neste caso, os itinerarios alternativos son amplos: polo barrio de San Francisco- Emilia Pardo Bazán- Habana- Curros Enríquez, pola Ponte Nova ou polo barrio do Couto-Ervedelo-Ponte Ribeiriño-Río Arnoia.

Relacionadas

A Cabalgata de Reis de Ourense sairá mañá ás 18.00 h desde o Pavillón...

0
O Concello activa este plan alternativo á vista das previsións de intensas chuvias para mañá á tarde A finalidade do cambio é acadar as mellores...

A execución de obras requirirá pechar ao tráfico a Avenida das Caldas desde o...

0
As obras que executa a Xunta de Galicia na Avenida das Caldas ocasionarán restricións de tráfico desde o vindeiro martes, día 7, até o...

A execución de obras requirirá pechar ao tráfico a Avenida das Caldas desde o...

0
As obras que executa a Xunta de Galicia na Avenida das Caldas ocasionarán restricións de tráfico desde o vindeiro martes, día 7, até o...

O Concello ofrecerá en directo a xeolocalización da Cabalgata de Reis a través da...

0
O Concello de Ourense ofrecerá en directo a través da súa páxina web e da aplicación móbil a xeolocalización da Cabalgata de Reis que...

A Deputación executou durante 2024 máis de 40 proxectos de conservación, mantemento e reforma...

0
A Área de Infraestruturas atendeu máis dun millar de expedientes de autorización de particulares e concellos para levar a cabo obras nas zonas de...

Óscar Puente incumpriu o compromiso contraído, xustamente hai un ano, de licitar as obras...

0
· “Estamos ante un desprezo enorme aos cidadáns valdeorreses e bercianos que desde logo non se merecen este incalificable comportamento”, sinala o deputado Celso...

Publicacións Relacionadas