HomeOurenseA Cabalgata de Reis ocasionará cortes de tráfico o luns desde as...

A Cabalgata de Reis ocasionará cortes de tráfico o luns desde as 15.30 horas no barrio da Ponte e desde as 16.00 no centro

- Anuncio -spot_img

A Cabalgata de Reis da cidade de Ourense requirirá realizar cortes de tráfico o vindeiro luns, día 5 de xaneiro. O dispositivo deseñado pola Policía Local establece estes horarios e zonas afectadas:

  • 15.30 horas: primeiro corte no barrio da Ponte.
  • 16.00 horas: segundo corte, que afectará ao acceso á Praza de Concepción Arenal e ao resto do percorrido: rúa do Progreso, rúa Doutor Marañón e Praza Maior.

A Policía Local recomenda aos condutores evitar acceder ás rúas incluídas no percorrido da cabalgata, e principalmente á do Progreso, que estará pechada na maior parte do percorrido (desde Concepción Arenal ata o Xardín do Posío).

Itinerarios alternativos e recomendacións.

Primeiro corte (15.30 horas, barrio da Ponte):

  • Os vehículos procedentes das estradas de Vigo (N-120) e Madrid (N-525) cara a Santiago, deberán acceder pola estrada de Monforte (N-120) e viceversa, ou ben por Río Arnoia.
  • Os que baixen pola Avenida de Santiago deberán desviarse cara á Avenida de Marín e a Ponte Nova.
  • Estación intermodal. Poderase acceder pola rúa Gómez Franqueira ata o centro de saúde (itinerario máis próximo para chegar ás estacións), ao que se pode chegar por Río Arnoia, pola N-120 ou pola Ponte Ribeiriño; ou ben pola Avenida de Marín ata o Espazo Lusquiños. Nestes casos, o regreso farase polo mesmo percorrido, xa que a entrada principal da estación (aparcamento e vía de parada) estará pechada ao tráfico.
  • Unha vez que a Cabalgata cruce a Ponte Romana, restablecerase a circulación no barrio de xeito paulatino, en función da retirada do valado.

Segundo corte (16.00 h, centro da cidade)

  • A Policía Local recomenda evitar, xa desde os minutos previos aos cortes, circular en sentido centro desde o Xardín do Posío, ou acceder á rúa do Progreso desde o Pavillón de Deportes, a Avenida da Habana, Sáenz Díez, Xoán XXIII ou Parada Justel.
  • Rutas alternativas recomendadas: Barrio de San Francisco – Emilia Pardo Bazán – Habana – Curros Enríquez – Ponte Nova; ou Barrio do Couto – Ervedelo – Ponte Ribeiriño – Río Arnoia.

Publicacións Relacionadas