A terceira etapa da carreira ciclista O Gran Camiño, que sairá desde a Ponte Vella de Ourense con destino a Pereiro de Aguiar, ocasionará restricións de tráfico na cidade o xoves, 27 e o venres, 28 de febreiro.
A Policía Local do Concello de Ourense elaborou un dispositivo especial de mobilidade e accesibilidade onde se establecen as medidas necesarias de regulación da circulación de vehículos e peóns para a realización do evento deportivo dentro das marxes de seguridade.
Os cortes e restricións de tráfico serán:
· Xoves, 27 de febreiro
Desde as 18:00h, permanecerá pechada ao tráfico rodado a Avenida Pardo de Cela.
· Venres, 28 de febreiro
Desde as 08:30h, pecharanse ao tráfico a Ponte de Milenio (en dirección saída) e a rúa Francisco Llorens Díaz.
Desde as 10:30h, prohibirase o acceso peonil na Ponte Vella.
Desde as 11:00h, pecharase totalmente ao tráfico a rúa Sáenz Díez e desde as 12:30h permitirase só acceso a residentes e ao Centro Comercial.
Desde as 13:00h, pecharanse totalmente as rúas Ribeira de Canedo, Mercado, Ramón e Cajal, Rincón, Vicente Risco e Ponte Nova.
Tamén desde as 13:00h, pecharase ao tráfico Alfonso Rodríguez Castelao, desde a glorieta do Afiador ata a estrada da Lonia.
A rúa Otero Pedrayo en sentido descendente estará pechada ao tráfico rodado e, en sentido ascendente, habilitarase un carril de saída.