A Policía Local establecerá un dispositivo especial desde as 10.30 ata a as 12.30 horas
A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a celebración da sétima edición da Carreira da Muller ocasionará este domingo, día 8 de marzo, cortes e restricións de tráfico en diversas rúas do centro da cidade, entre as 10.30 e as 12.30 horas. A actividade está organizada por Club Runmaniak Box001 Ourense coa colaboración do Concello, no marco da celebración do Día Internacional das Mulleres, e busca fomentar a participación das mulleres no deporte e a vida saudable.
A carreira absoluta sairá ás 11.00 horas da Praza Maior, cun percorrido de 5 km, pola Avenida de Pontevedra, rúa Desengano, As Burgas, marxe dereita do Barbaña, Avilés de Taramancos, Pardo de Cela, marxe esquerda do Barbaña, Pura e Dora Vázquez, Vila Valencia, Praza de Abastos, As Burgas, Cervantes, Praza da Ferraría, Irmáns Vilar, García Mosquera, Padre Feijóo, Dous de Maio, Hernán Cortés, Praza do Trigo, Cardeal Cisneros, A Unión, Fornos, Praza do Ferro, Santo Domingo, Parque de San Lázaro, Paseo, Lamas Carvajal e Praza Maior, onde rematará.
A carreira inclusiva, de 1 km, sairá tamén da Praza Maior ás 10.50 h e percorrerá as rúas das Tendas, da Paz, Praza do Ferro, Santo Domingo, Parque de San Lázaro, Paseo, Lamas Carvajal e Praza Maior.
Dispositivo de tráfico
Aínda que a maior parte do circuíto transcorre por zonas peonís, o desenvolvemento da proba requirirá pechar o tráfico en varios puntos clave:
- Portocarreiro, sobre a ponte;
- parte inferior da Praza de Abastos número 1, desde Carriarico ata Pura e Dora Vázquez;
- Antonio Puga;
- Ponte Lebrona e
- Parque San Lázaro.
A Policía Local avanza que se establecerán vías alternativas e se abrirá o paso progresivamente a medida que a carreira vaia avanzando.
A carreira afectará tamén a 2 liñas do servizo de autobuses urbanos, desde as 10.30h até que remate a actividade:
- Liña 5 “Reza – Ceboliño”. A Rúa Bedoya permanecerá cortada ao tráfico, polo que os autobuses en dirección a Ceboliño farán o seu percorrido polas Rúas Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Avenida de Bos Aires.
- Liña 19 “ Praza Maior – Tinteiro” /Tren turístico. Fará os seus percorrridos dende o Parque San Lázaro pola Rúa Xoán XXII ata a parada de autobús da Alameda (Comezo e remate).



