O barrio da Ponte acollerá este domingo, 29 de setembro, a sexta carreira do circuíto popular Correndo por Ourense, que organiza o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense. A celebración desta actividade requirirá pechar ao tráfico de varias rúas do barrio o domingo pola mañá.
O dispositivo deseñado pola Policía Local de Ourense prevé que desde as 8.00 horas se proceda ao peche ao tráfico da rúa Francisca Herrera, onde estará a saída da carreira, e da rúa Vicente Risco, desde a rotonda da Avenida de Marín, de xeito que todo o tráfico procedente da Avenida das Caldas deberá continuar cara ao centro da cidade.
Desde as 10.00, pecharanse tamén as demais rúas incluídas na carreira: Avenida de Santiago, Basilio Álvarez, Avenida das Caldas, José Antonio Moretón, Ribeiriño, Mercado e Rosalía de Castro. O corte de tráfico manterase até que remate a carreira, sobre as 12.30 horas.
Como rutas alternativas, desde a avenida de Santiago, os vehículos poderán circular en sentido ascendente por Avenida de Marín, Río Arnoya e Avenida de Santiago; ou por Alfredo Brañas, Rúa da Fonte, Castella Ferrer, río Camba e Avenida de Santiago. En sentido descendente, poderán facelo por Avenida de Santiago, Rei Soto e Avenida de Marín