HomeOurenseA carreira do San Martiño 2022 incorporará, por vez primeira, animación ao...

A carreira do San Martiño 2022 incorporará, por vez primeira, animación ao longo do seu percorrido este domingo cun grupo musical e un DJ

- Anuncio -spot_img

A carreira pedestre popular da San Martiño, que se celebra este domingo 20 de novembro, incorporará animación musical ao longo do seu percorrido por primeira vez nas 45 edicións. O Consello Municipal de Deportes quere dotar dun novo atractivo ao xa de por sí espectacular paso de corredoras e corredoras polas rúas da cidade, e contribuír deste xeito animar o seu avance cara a liña de meta, como xa ocorre noutras grandes carreiras a nivel internacional, caso da maratón de Nova York. Así. ademais dos speakers da Praza Maior, haberá un grupo musical na Praza Maior. Tamén haberá animación -con speaker e DJ- na rúa do Paseo.

Publicacións Relacionadas