A carreira popular da Ponte ocasionará cortes de tráfico en varias rúas do barrio o domingo pola mañá

adminON
Lectura mínima de 2

Ás 8.00 horas pecharase Francisca Herrera e ás 10.00 h as demais rúas incluídas no circuíto

A carreira popular da Ponte, incluída no circuíto Correndo por Ourense, requirirá realizar cortes e restricións de tráfico en diferentes rúas do barrio o vindeiro domingo, 28 de setembro, pola mañá.

A proba, que organiza o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, terá a súa saída ás 11:00 h desde a rúa Francisca Herrera (xunto ao instituto 12 de Outubro), e continuará pola avenida de Santiago, a rúa Basilio Álvarez, a avenida das Caldas, a rúa Jose Antonio Moretón, a rúa do Ribeiriño, a avenida das Caldas, a rúa Mercado, a rúa Rosalía de Castro, a rúa Vicente Risco, até a rotonda e volta até a meta na rúa Francisca Herrera.

O dispositivo deseñado pola Policía Local de Ourense prevé o corte do tráfico da rúa Francisca Herrera desde as 8.00 horas e o resto de vías do circuíto desde as 10.00 h. Porén, o acceso e saída da estación intermodal quedará libre en todo momento.

Como vías alternativas, a Policía Local recomenda que:

  • Os vehículos que circulen pola avenida de Santiago cara ao centro da cidade se desvíen pola rúa Rey Soto.
  • O tráfico que pretenda acceder á N-525 ou á N-120 deberá facelo pola rúa Río Arnoia.
  • Os vehículos que pretendan acceder á avenida de Santiago desde a rúa Basilio Álvarez ou desde a Ponte Nova deberán facelo por rúa Basilio Álvarez –Eulogio Gomez Franqueira – Río Arnoia ou pola avenida de Marín – rúa Ático Noguerol, respectivamente.
Comparte este artigo