Home Ourense A carreira popular do San Martiño ocasionará cortes e restricións de tráfico...

A carreira popular do San Martiño ocasionará cortes e restricións de tráfico na cidade o domingo pola mañá

0
2

As vías polas que discorre pecharanse ao tráfico ás 10.00 horas

A carreira popular do San Martiño ocasionará cortes e restricións de tráfico na cidade o domingo, 9 de novembro, pola mañá. O dispositivo deseñado pola Policía Local de Ourense prevé pechar ao tráfico todas as vías polas que discorrerá a proba desde as 10.00 horas até que remate a actividade.

A carreira absoluta sairá ás 11.00 horas da Ponte do Milenio e avanzará polas rúas Xesús Pousa, Avenida de Marín, Otero Pedrayo, Castelao, Cardenal Quevedo, Habana, Curros Enríquez, Paseo, Lamas Carvajal, Paza Maior, Bispo Carrascosa, Moratín, Colón, Padre Feijóo, Lugo, Ben-Cho-Shey, Ramón Puga, Nosa Señora da Saínza, Avenida de Zamora (até a glorieta da estrada de San Cibrao das Viñas), Avenida de Zamora e rúa do Progreso, para rematar na Praza de Concepción Arenal

A continuación sairán da Ponte do Milenio as carreiras Sub18 (12.10 h), Sub16 (12.20 h) e Sub14 (12.30 h), con percorrido por Basilio Álvarez, Avenida de Santiago, Francisca Herrera, Vicente Risco, Ponte Nova, Curros Enríquez, Paseo, Lamas Carvajal, Praza Maior, Bispo Carrascosa, Colón, Padre Feijóo, Lugo e Progreso, até a meta na Praza de Concepción Arenal

As categorías Sub12 e Sub10 sairán ás 12.50 e ás 13.05 horas desde A Ponte do Milenio e avanzarán por Basilio Álvarez e a Avenida das Caldas a rematar na Ponte Romana.

Finalmente, a carreira inclusiva sairá ás 13.20 horas da Ponte do Milenio e discorrerá por Basilio Álvarez, Avenida das Caldas, Ponte Romana e Pardo de Cela, onde estará a meta.