Home Ourense A Carreira Popular do San Martiño, premiada como mellor evento, na categoría...

A Carreira Popular do San Martiño, premiada como mellor evento, na categoría de mellor actividade e programa deportivo, por parte de Asociación Galega de Xestión Deportiva

- Anuncio -

Este recoñecemento foi entregado onte pola tarde no Auditorio do Centro Social de Arteixo e foi recollido polo xerente do Consello Municipal de Deportes, Mario González, quen salientou que “este galardón é de todos os membros do equipo, liderado pola súa directora, Marta Míguez, que fan posible a San Martiño edición tras edición”

A Asociación Galega de Xestión Deportiva (Agaxede) no día de onte recoñeceu a Carreira Popular do San Martiño como mellor evento, na categoría de mellor actividade e programa deportivo. Ao acto, celebrado no Auditorio do Centro Social de Arteixo, asistiu en representación do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, o xerente do CMD, Mario González Rodríguez.

Mario González, ademais de agradecer o recoñecemento á proba deportiva máis multitudinaria da cidade, salientou a importancia do equipo que hai detrás deste evento decano das carreiras populares de Galicia, e que conta cunha das maiores participacións. “Un equipo formado por todos os traballadores do Consello Municipal de Deportes, coa imprescindible e o loable traballo de Marta Míguez (directora da carreira, que leva organizando a proba desde hai case 20 anos), Policía Local, Protección Civil e áreas do Concello colaboradoras, así como os patrocinadores e, como non, os voluntarios. É de xustiza recoñecer que sen todos eles non se podería levar a cabo este evento, polo que este galardón é de todos os que forman parte da Carreira da San Martiño, edición por edición”, recalcou o xerente do CMD, Mario González ao recoller o premio.

Relacionadas

Luis Menor apela á colaboración público-privada para “facer o Camiño xuntos e potenciar a...

0
O presidente provincial clausurou xunto ao seu homólogo zamorano, Javier Faúndez, o Ciclo adicado ao Camiño Meridional organizado pola UNED de Ourense e Zamora Anunciou...

Xunta de Goberno Local extraordinaria para aprobar as novas delegacións de competencias do grupo...

0
O Concello de Ourense convocou esta mañá unha Xunta de Goberno Local extraordinaria onde se aprobaron cambios na delegación de competencias dos concelleiros e...

A Deputación incorpora unha nova máquina para cooperar cos concellos no mantemento e reparación...

0
A Deputación de Ourense continúa a reforzar o seu parque de maquinaria coa adquisición dunha nova máquina compactadora que permitirá mellorar a cooperación cos...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para contratar un novo sistema de...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense deu luz verde a dous novos proxectos construtivos financiados parcialmente con fondos procedentes do Plan...

A Xunta pon en valor na Feira EmpregoInCampus Ourense a colaboración coa Universidade...

0
José González sinalou que se destinarán 410.000 euros ás universidades de Vigo, de Santiago de Compostela e da Coruña para impulsar o espírito empresarial...

Publicacións Relacionadas