A celebración da I Carreira Solidaria da Garda Civil de Ourense “Pilar 2024”, requirirá realizar cortes de tráfico o vindeiro domingo, día 6 de outubro nas rúas polas que discorrerá a actividade deportiva.
O dispositivo deseñado pola Policía Local prevé cortar ao tráfico a Praza Maior ás 8.30 horas e ás 11.00 h as rúas polas que pasará a carreira infantil (rúa das Tendas, Paz, San Miguel, Lamas Carvajal).
Ás 11.30 h pecharanse todas as rúas polas que circulará a carreira na categoría absoluta: Praza Maior, Bispo Carrascosa, Moratín, Colón, Padre Feijóo, Lugo, Xosé Ramón Fernández Oxea, Galicia, Bonhome, avenida de Zamora, Progreso, Ervedelo, Juan de Anges, Remedios, Pardo de Cela, Sáenz Díez, Curros Enriquez, Paseo e Lamas Carvajal até rematar na Praza Maior. Tamén se pecharán as demais vías comprendidas no perímetro das dúas carreiras. O tráfico abrirase progresivamente a medida que vaian pasando as persoas participantes.
Vías alternativas
Establécense como vías alternativas de circulación as seguintes:
Pola zona norte, o tráfico desviarase pola Ponte Nova, Rúa Celso Emilio Ferreiro e Avenida Otero Pedrayo.
Pola zona sur, o tráfico desviarase polas rúas da Saínza, Ramón Puga e Pena Trevinca.
Para acceder á Nacional-120, pola entrada da rúa Pablo Iglesias ou estrada da Lonia.
Pola zona centro – glorieta de Ervedelo, o tráfico desviarase pola Praza da Chave, (xunto ao campo de fútbol do Couto).