Home Ourense A carreira solidaria Ruta 091 requirirá realizar cortes de tráfico no centro...

A carreira solidaria Ruta 091 requirirá realizar cortes de tráfico no centro da cidade o domingo pola mañá

- Anuncio -

O dispositivo deseñado pola Policía Local prevé restricións en certas rúas a partir das 8.00 até as 14.00 horas

A carreira Solidaria Ruta 091 requirirá realizar cortes de tráfico no centro da cidade pasado mañá, domingo, día 1 de setembro, pola mañá. O dispositivo deseñado pola Policía Local de Ourense para que o evento se desenvolva dentro das marxes de seguridade, comezará ás 8.00 h e continuará até as 14.00 horas.

A carreira consta de dúas categorías. A de persoas adultas empeza ás 10.00h, con saída desde a glorieta da Policía Nacional e percorrido polas rúas Curros Enríquez, Sáenz Díez, praza de Concepción Arenal, avenida Pardo de Cela, Ponte do Milenio, glorieta das Palmeiras, Xefatura da Policía Local, Ponte do Milenio, avenida Pardo de Cela, rúa do Progreso, rúa Lugo, rúa do Vilar, rúa Cervantes, rúa Barreira, Praza Maior, rúa Lamas Carvajal, rúa do Paseo, rúa Curros Enríquez e glorieta da Policía Nacional.

A carreira da categoría infantil comezará ás 11.30 h e o percorrido é praza de Policía Nacional, rúa Curros Enríquez, Parque de San Lázaro, rúa Curros Enríquez e praza da Policía Nacional.

O corte de tráfico comezará ás 8.00 h e continuará ata as 14.00 h na rúa Curros Enríquez, no treito comprendido entre avenida da Habana e Otero Pedrayo; na  Otero Pedrayo, en sentido de saída da cidade; e na rúa Curros Enríquez (Ponte Nova), en sentido centro cidade.

O corte de tráfico comezará ás 09.30 h e continuará ata as 11.15 h na rúa Sáenz Díez, na avenida Pardo de Cela, na rúa do Progreso, na rúa Curros Enríquez (o resto da vía), na rúa Concello, na rúa Xoán XXIII, na avenida da Habana e nas vías que están no interior deste perímetro.

Relacionadas

O Concello organiza mañá a Noite de Medo – Halloween cunha morea de propostas...

0
Os obradoiros infantís estarán este ano no Parque de San Lázaro, desde onde sairá ás 19.00 horas o desfile que rematará na Praza Maior A...

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 15 acordos na súa...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 15 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de...

O Concello lembra os servizos mínimos durante a folga do persoal dos días 31...

0
O Concello de Ourense lembra os servizos mínimos establecidos para a folga do persoal funcionario e laboral convocada para mañá, xoves, 31 de outubro,...

Luis Menor presenta en Celanova a primeira audioguía dixital multimedia da provincia que une...

0
O presidente provincial recalcou o carácter innovador desta iniciativa da Deputación, e visitou tamén en compañía do alcalde, Antonio Puga, e membros da Corporación...

O Ribeiro marida os seus viños coa arte e coa música nunha nova edición...

0
O Consello Regulador do Ribeiro, en colaboración coa Deputación a través do Centro Cultural Marcos Valcárcel, promove un ano máis un proxecto de maridaxe...

A Deputación mobiliza preto de 213.000 euros en axudas á cooperación con municipios e...

0
Diferentes concellos recibirán 198.000 euros en achegas para cofinanciamento en proxectos municipais de eficiencia enerxética, rozas, sinalizacións, acondicionamento de rúas, melloras en abastecemento, rehabilitación...

Publicacións Relacionadas