A Comisión de Medio Rural do PPdeOU apoia en Vinis Terrae ao sector vitivinícola como motor económico e social da provincia

adminON
Lectura mínima de 2

Os membros da Comisión de Medio Rural do Partido Popular de Ourense acudiron esta semana ao XI Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade,  Vinis Terrae, para poñer en valor os viños galegos, aprezados nos mercados nacionais e internacionais, nunha excelente oportunidade estratéxica de promoción para o sector.

Os representantes populares puxeron en valor a enorme importancia económica, social e cultural que o viño ten para Ourense e para o conxunto de Galicia, mostrando o seu apoio ao esforzo da internacionalización que están a realizar as adegas.

O viño, destaca a Comisión de Medio Rural, teñen un valor estratéxico non só como produto de alta calidade, senón como expresión de identidade, arraigamento e motor do rural. En especial, púxose en relevo o papel da provincia de Ourense, cuxa riqueza paisaxística e variedade de microclimas contribúen á elaboración dalgúns dos viños máis apreciados dentro e fóra de Galicia e España, consolidando a súa reputación internacional e xerando un lexítimo orgullo colectivo.

Os membros da Comisión aproveitaron tamén para manter encontros con adegueiros e representantes do sector, abordando os principais problemas que ameazan ao campo galego, entre eles a Flavescencia Dourada, unha enfermidade que está a afectar gravemente a viñedos en distintas zonas de Galicia. Os representantes do PP aseguraron que se están a adoptar as medidas necesarias para frear a expansión desta praga, cun traballo coordinado entre técnicos, agricultores e denominacións de orixe.

Comparte este artigo