A Comisión de Pleno do Concello de Ourense reuniuse esta mañá en sesión extraordinaria e, de conformidade co previsto no Regulamento Orgánico do Concello, abriu un prazo de 10 días para que os grupos políticos municipais poidan presentar emendas ao proxecto de orzamentos presentado polo goberno municipal. O prazo rematará o luns, 7 de xullo.
O proxecto de Orzamento Xeral do Concello para o exercicio 2025, aprobado pola Xunta de Goberno Local o pasado día 19 de xuño, está formado polos orzamentos do propio concello e do seu organismo autónomo, o Consello Municipal de Deportes, as bases de execución e os anexos de persoal. Ten un importe total de 116.342.988,82 euros.