A Comisión de Pleno do Concello de Ourense, na reunión que celebrará mañá, venres 29, analizará as posibles alternativas para realizar o pleno do mes de febreiro ante as novas restricións sanitarias que establecen un máximo de 30 persoas para reunións de traballo e actos institucionais en espazos pechados.
Nun pleno municipal participan máis de 30 persoas, polo que é preciso buscar alternativas en canto á data, coa posibilidade dun aprazamento, ou ao formato, coa opción de celebralo en formato telemático.