Home Ourense A concelleira de Educación visitou a actividade, na que participan máis de...

A concelleira de Educación visitou a actividade, na que participan máis de 900 nenos e nenas

- Anuncio -

Milú e o edificio das persoas extraordinarias é unha fábula social sobre o poder da imaxinación infantil para soñar un mundo mellor

A Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza esta semana un ciclo de encontros de escolares da cidade co escritor Abel Tomé. Máis de 900 alumnas e alumnos de 5º de Primaria e 60 docentes participan nesta actividade, que o Concello desenvolve dentro da campaña de animación á lectura.

Antes destes Encontros co autor, a Concellería de Educación repartiu exemplares do libro Milú e o edificio das persoas extraordinarias, acompañados dunha unidade didáctica, nos colexios participantes. Nenos e nenas leron o libro, desenvolveron actividades na aula e durante esta semana, en varias sesións, manteñen un encontro co autor, Abel Tomé, no Liceo para intercambiar impresións acerca da súa obra, formularlle as preguntas que desexen e falar acerca da lectura e da creación literaria. A concelleira de Educación, Tamara Silva, asistiu ao desenvolvemento destes encontros.

A obra é unha luminosa fábula social sobre o poder da imaxinación infantil para soñar un mundo mellor. Está protagonizada por un neno que ten o don de construír soños. Abel Tomé é graduado en Xornalismo e autor das novelas A noite do corvo; A noite do lobo, Premio Illa Nova de Narrativa; Liliam Strawberry e o paxaro da morte, finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2022 e A noite do oso, Premio García Barros. Con Milú e o edificio das persoas extraordinarias obtén o Premio Merlín 2024.

Relacionadas

A Xunta reforza no Polo do Carballiño as estratexias colaborativas de emprendemento, avogando pola...

0
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou na xornada ‘Dinamización do ecosistema emprendedor’, que reuniu a diferentes axentes do...

Concello, asociación de construtores e os colexios de arquitectos e arquitectos técnicos constitúen a...

0
O acordo busca fomentar  a colaboración entre o sector público e o privado e servir como espazo de comunicación e análise Esta mañá no Concello...

A Xunta de Goberno Local aprobou 23 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 23 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu ao mediodía de...

O presidente da Deputación, Luis Menor, presenta a primeira Oficina Termal AVE de España...

0
A Oficina Termal AVE, situada no punto con maior tránsito de persoas de toda a provincia, será un espazo con referencias visuais e sonoras...

A Deputación colabora na posta en marcha do Día da Provincia no campamento urbano...

0
Os mozos que participan nas actividades da asociación xuvenil coñecerán os diferentes concellos da provincia A Deputación de Ourense inicia unha nova liña de colaboración...

A Sala Valente inaugura esta tarde a exposición de personaxes de Entroido, con 146...

0
A mostra está organizada polo Concello no marco da programación do Entroido de Ourense 2025 e estará aberta ao público até o día 16...

Publicacións Relacionadas