Home Ourense A cuarta planta de biorresiduos da Xunta estará úbicada no concello de...

A cuarta planta de biorresiduos da Xunta estará úbicada no concello de Verín, no Polígono Empresarial de Pazos

- Anuncio -

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda avanza esta mañá a localización da terceira infraestrutura deste tipo que construirá Sogama grazas a un investimento de 5 millóns de euros e que dará servizo a 24 concellos da provincia
Salienta que a instalación de Verín terá como base o proxecto técnico da planta que se instalará en Cervo (Lugo), cuxo contrato de redacción está a piques de adxudicarse, polo que prevé unha redución dos prazos necesarios para a súa construción

A Xunta de Galicia construirá a cuarta planta de biorresiduos no Concello de Verín, concretamente no Polígono empresarial de Pazos. Así o adiantou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante unha visita á parcela na que se ubicará a terceira planta de biorresiduos que construirá Sogama, e que se sumará á planta de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) e de Cervo (Lugo).

Así, a Xunta disporá dun orzamento de 5,5 millóns de euros, para a adquisición dos terreos (400.000€) nos que se instalará a planta e para a construción das instalacións, que terá como base o proxecto técnico da planta de Cervo, que está a punto de adxudicarse, de similares características; polo que isto reducirá os prazos de construción desta nova infraestrutura co obxectivo de que sexa unha realidade o vindeiro ano.

Os terreos que albergarán a cuarta planta -que dará servizo a 24 concellos da provincia- suman unha superficie de case 12.000 metros cadrados, dos cales 3.500 se disporán para a nave pechada que implica esta instalación. Ao igual que a que se instalará na provincia de Lugo, terá unha capacidade de tratamento, ata 3.000 toneladas ao ano de fracción orgánica de residuos domésticos e outras 1.600 Tn de podas e restos de madeira. Con este material, explicou que o obxectivo é acadar unha produción de 1.500 Tn anuais de compost de alta calidade, que se destinará ao sector da agricultura como abono natural e sostible en substitución dos fertilizantes artificiais.

A planta de Verín beneficiará a preto de 52.300 habitantes da provincia, concretamente aos veciños dos municipios de Verín, Oímbra, Monterrei, Cualedro, Trasmiras, Laza, Castrelo do Val, Ríos, Vilardevós, Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Xinzo de Limia, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, Sandías, Xunqueira de Ambía, Sarreaus, Vilar de Barrio, Vilariño de Conso, A Gudiña, A Mezquita e Viana do Bolo. Neste sentido, a previsión é que a planta dea emprego na zona a entre 8 e 10 persoas.

A planta abranguerá a totalidade do proceso da compostaxe dos residuos recibidos, comprendendo todas as fases (pretratamento, fermentación, maduración e almacenamento) así como os correspondentes tratamentos de aire e de augas. O tratamento levarase a cabo en naves pechadas, facendo uso en todo momento das últimas tecnoloxías de procesado, control de cheiros e ruído, e a operativa industrial da instalación alimentarase con enerxía renovable (a través de paneis solares, fundamentalmente).

Máis de 30 millóns no vindeiro ano
A conselleira incidiu en que nos orzamentos do seu departamento para 2021 resérvase unha partida de 31,4 millóns de euros para seguir avanzando cara a un modelo moderno e eficaz na xestión dos residuos que sitúe a Galicia á vangarda de Europa nesta materia.

Desta partida global, cinco millóns irán dirixidos a transformar as cinco microplantas de transferencia coas que conta actualmente Sogama –localizadas en Ponteceso, Curtis, Riotorto, A Lama e A Cañiza- en instalacións máis eficientes e con maior capacidade, aumentando as taxas de reciclaxe e reducindo as emisións de CO2, e outros 25 millóns dedicaranse a fomentar a compostaxe na Comunidade a través das tres novas plantas de biorresiduos proxectadas nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.

Grazas a estes investimentos, a conselleira considerou que Galicia poderá seguir optimizando e consolidando a eficiencia do seu actual modelo de xestión de recollida selectiva dos residuos, en cumprimento das directrices europeas, ao tempo que contribuirán a crear novos empregos verdes en diferentes sectores profesionais.

Por último, indicou que coas tres plantas en proxecto, sumadas á que Sogama ten en Cerceda e ás públicas e privadas actuais e futuras de compostaxe industrial, Galicia contará cunha rede de instalacións coas que dar servizo a toda a comunidade galega.

Relacionadas

Os deportistas ourensáns, Xan Somoza e Víctor López, convocados pola Federación Española de Volei...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome xunto co concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiron esta mañá a Xan Somoza e Víctor López, deportistas...

A concelleira de Educación recibe o alumnado participante no Intercambio educativo Eurofrance

0
O IES A Laboral acolle estudantes das rexións francesas da Bretaña e de Lorraine A concelleira de Educación, Tamara Silva, recibiu esta mañá no salón...

O PP de Ourense denuncia o desmantelamento da seguridade na provincia, coa supresión constante...

0
● A secretaria da xestora provincial e alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, compareceu esta mañá xunto aos alcaldes de Lobeira e Lobios e o...

A Deputación de Ourense investirá máis de medio millón de euros na mellora da...

0
A Deputación de Ourense vén de sacar a licitación o proxecto de reforzo de firme con mestura bituminosa en quente en diferentes estradas provinciais...

A Xunta publica a orde reguladora da próxima tempada de caza, que se estenderá...

0
— Serán días hábiles os xoves, domingos e festivos de carácter estatal e autonómico — No caso do xabaril, o período xeral para exercer a...

A Xunta abre a nova convocatoria de axudas de 2,5M€ para a creación de...

0
— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destinada a pequenas, medianas e grandes empresas para as que o prazo comeza mañá...

Publicacións Relacionadas