Home Allariz-Maceda Allariz A Deputación apoia a V edición do Festival Internacional de Curtas de...

A Deputación apoia a V edición do Festival Internacional de Curtas de Comedia de Allariz

- Anuncio -

O Festival RIR celebrarase entre o 5 e o 10 de setembro cunha programación que inclúe a proxección das curtametraxes da sección oficial e a película de animación “Valentina” -patrocinada pola Deputación-, o estreo dunha obra de teatro ou actividades infantís

O vicepresidente segundo, César Fernández, resaltou na presentación do evento a implicación da Deputación con este festival, dentro da “potente aposta” do goberno provincial polo sector audiovisual galego

O Festival Internacional de Curtas de Comedias RIR chegará en setembro en Allariz a súa V edición, nun evento apoiado pola Deputación de Ourense e o Concello. A cita foi presentada esta mañá no Campo de Os Brancos (Allariz) coa presenza do vicepresidente segundo provincial, César Fernández, a alcaldesa, Cristina Cid, o edil de Cultura, Alberto Conde, e os membros da organización José Freiría, Óscar Doviso e Marina Romero.

Na súa intervención, César Fernández recoñeceu o bo traballo dos organizadores e destacou a traxectoria dun festival xa consolidado na axenda cultural da provincia e cun rol dinamizador dentro dunha vila de referencia como é Allariz. O vicepresidente remarcou a implicación da Deputación con un “proxecto no que colaboramos dende a primeira edición”, dentro da “aposta do goberno provincial pola promoción do sector audiovisual galego, con apoios tan potentes como o patrocinio de películas e series ou o rescate e impulso do Festival de Cine”.

Programación da V edición do Festival RIR

O Festival RIR arranca o 5 de setembro. A partir de aí, os asistentes poderán ver en sucesivos días as curtametraxes en competición, divididos en tres bloques e procedentes de España, Francia, Belarús ou Arxentina. O xurado desta edición está composto pola “script” e montadora Alba Gallego, a actriz e presentadora Marta Doviro e o actor Fernando González.

Ademais, a programación paralela de Rir, que este ano ten como festival amigo convidado ao Festival de Cine Fantástico de Lemos, inclúe o estreo da obra de teatro “Caldas e Mancho”, de Héctor Martínez e Marcos Vázquez; unha homenaxe ao recentemente falecido Pedro Brandariz; a proxección do filme “Valentina”, de Chelo Loureiro -patrocinado pola Deputación-; charlas literarias para presentar os novos libros de Rubén Méndez e Cristina Carro; mesas redondas; teatro infantil; un conto musical ou unha exposición de David Fernández Bueno -“Loiro”-. Por último, a gala de clausura celebrarase o sábado 10 de setembro, e nela se entregarán os galardóns desta edición e o premio Rir Contigo á actriz Isabel Risco.

Máis información sobre o festival en www.festivalrir.com

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas