Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación colabora co Concello de Pereiro de Aguiar para axilizar a...

A Deputación colabora co Concello de Pereiro de Aguiar para axilizar a tramitación das axudas municipais ao fomento da natalidade

- Anuncio -

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, e o alcalde, Luis Menor, asinaron un convenio para simplificar de forma efectiva o acceso á tarxeta “Benvido ao Pereiro”, así como ás subvencións incluídas no programa “ChegOU” da Deputación

Manuel Baltar e Luis Menor asinaron un segundo documento co director territorial de Abanca, Rubén Saavedra, para concretar o sistema de concesión das axudas aos beneficiarios

A cooperación parte da similitude de ambos programas, que agás na contía das achegas coinciden basicamente nos requisitos que deben cumprir os posibles beneficiarios como nos prazos de solicitude e o recoñecemento da subvención

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, asinaron un convenio de colaboración polo que a administración provincial axilizará a tramitación das axudas municipais ao fomento da natalidade, no marco do plan “Benvido ao Pereiro”.

Manuel Baltar cualificou este convenio como “un exemplo máis da Deputación á hora de dar soporte aos procedementos de tramitación e xestión dos concellos, reducindo a carga administrativa á que teñen que facer fronte”. Unha cooperación entre o goberno provincial e local “que agora se traduce na simplificación de importantes iniciativas relacionadas co fomento da natalidade”.

“A tarxeta é un programa municipal plenamente asentado e totalmente compatible coas axudas que conceden todas as administracións”, explicou pola súa banda Luis Menor. Non obstante, o alcalde destacou que grazas á cooperación coa Deputación de Ourense “o noso concello vaise beneficiar dunha xestión máis áxil e efectiva”.

O convenio sinala que as bases dos programas “ChegOU” e “Benvido ao Pereiro” coinciden basicamente tanto nos requisitos que deben cumprir os posibles beneficiarios como nos prazos de solicitude e recoñecemento da subvención. Dado que estas axudas son compatibles entre si e para simplificar de forma efectiva o acceso a ambas liñas de subvención, o documento establece que os beneficiarios do plan provincial nos anos 2020, 2021 e 2022 en Pereiro de Aguiar teñen xa acredito o cumprimento dos requisitos esixidos polo plan local.

Para completar esta iniciativa, Manuel Baltar e Luis Menor asinaron un segundo convenio, desta volta coa director territorial de Abanca en Ourense, Rubén Saavedra, que como entidade colaboradora encárgase dos trámites de expedición da tarxetas e o pagamento das subvencións aos beneficiarios.

Programas semellantes con contías diferentes

A tarxeta “Benvido ao Pereiro”, que alcanza este ano a súa terceira convocatoria, é un programa sen concorrencia competitiva que establece unha axuda económica de 250 euros anuais, ata un máximo de tres anos, ás persoas que desde xaneiro de 2020 e ata o 31 de decembro de 2022 tiveran, adoptasen ou tutelaran unha filla ou fillo. A subvención faixe efectiva a través dunha tarxeta prepago para utilizar ata o 31 de maio de 2023 exclusivamente en farmacias ou parafarmacias.

En semellantes condicións desenvólvese o programa “ChegOU”, un plan provincial de axudas para o fomento de natalidade cuxa principal diferenza con respecto ao programa de Pereiro de Aguiar radica na contía das achegas, que no caso da Deputación increméntanse en función da cualificación demográfica do concello de residencia, ata un máximo de 500 euros.

Relacionadas

O Centro Cultural Marcos Valcárcel achega a Ourense as “criaturas” do artista andaluz Fran...

0
O deputado de Cultura e vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou na inauguración da mostra “39: De sur a norte en...

A Deputación subvenciona a San Sadurniño con 29.000 euros para o financiamento do persoal...

0
O BOP deste venres 17 de xaneiro publica as resolucions sobre a concesión de varias axudas dirixidas aos concellos da provincia. Neste sentido, San...

Luis Menor defende “a innovación” que lle imprime a Deputación ao traballo realizado para...

0
Como exemplo do afán innovador da institución provincial, Menor avanzou que mediante un acordo con ADIF abrirase a primeira oficina de información sobre termalismo...

A Deputación colabora coa editorial Galaxia cunha exposición que porá en valor espazos literarios...

0
A institución ourensá coopera co programa de actividades da editorial para conmemorar 75 anos de compromiso coa cultura e a literatura galegas A mostra, que...

Deputados do PP de Ourense e León reiteran a esixencia ao Goberno de licitar...

0
Comezou 2025 e na primeira quincena de xaneiro, os deputados ourensáns do GPP, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana e as deputadas leonesas...

Luis López e Rafa Domínguez salientan que “a arte volve” a Pontevedra cunha Bienal...

0
O presidente provincial anuncia que a programación da Bienal, por primeira vez na súa historia, se descentralizará pola provincia cunha serie de espectáculos en...

Publicacións Relacionadas