Home Ourense A Limia A Deputación colabora co Concello de Vilar de Barrio na adquisición de...

A Deputación colabora co Concello de Vilar de Barrio na adquisición de maquinaria para a loita contra incendios forestais

- Anuncio -

Manuel Baltar realizou esta mañá unha visita ao concello, onde mantivo unha xuntanza co rexedor, Manuel Conde, e membros da corporación municipal

O presidente da Deputación explicou que na modificación de crédito que se presentará ao pleno de abril figura unha partida para adquirir tractores de roza, na que está incluída Vilar de Barrio, dentro do convenio pioneiro da institución provincial coa Xunta de Galicia na prevención de lumes

“Seguimos traballando para que Ourense sexa unha provincia máis grande”, afirmou Baltar, destacando os proxectos nos que xa están a traballar Deputación e Concello

Manuel Conde afirmou que “os concellos máis pequenos non poderíamos afrontar o noso desenvolvemento sen a axuda económica de entes tamén locais como a Deputación”. Agradeceu a Baltar que “se ofreza como interlocutor con outras administracións para poñer a Vilar de Barrio no mapa”

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou esta mañá Vilar de Barrio onde na compaña do alcalde, Manuel Conde, analizou as liñas de colaboración abertas entre a institución provincial e o Concello en materia de infraestruturas viarias, medio ambiente -coa posta en valor da Serra de San Mamede- e accións culturais. Na casa consistorial, onde se celebrou unha xuntanza á que tamén acudiron membros da corporación, Manuel Baltar anunciou unha nova vía de cooperación desta volta no ámbito da prevención de incendios forestais.

O presidente da Deputación avanzou que na modificación de créditos que se presentará ao pleno da corporación provincial de abril figura unha partida para a adquisición de 12 tractores de roza, en colaboración coa Xunta, destinados á loita contra os lumes en 12 municipios da provincia. Un capítulo no que estará incluído o Concello de Vilar de Barrio, que poderá así contar con maquinaria propia para estes labores de prevención dentro do acordo pioneiro -único en Galicia- entre a institución provincial e a Consellería de Medio Rural neste eido.

“Seguimos traballando para que Ourense sexa unha provincia máis grande”, afirmou Manuel Baltar, que ademais de destacar os proxectos nos que xa están a traballar Deputación e Concello tamén quixo poñer en valor o cofinanciamento doutras iniciativas con outras administracións, como é o caso da Xunta.

Manuel Conde agradeceu pola súa banda a visita de Manuel Baltar, engadindo que “os concellos máis pequenos non poderíamos afrontar o noso desenvolvemento sen a axuda económica de entes tamén locais como a Deputación”. O rexedor tamén lle agradeceu a Baltar que “se ofreza como interlocutor con outras administracións para poñer a Vilar de Barrio no mapa, un interese común e colectivo do que estou orgulloso”.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Arbo para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

A Deputación continúa este mércores en Tomiño as visitas do seu servizo de vixilancia,...

0
Os técnicos do SEVIC visitarán uns 80 establecementos comerciais da localidade co obxectivo de que sexan parte activa na xestión responsable dos biorresiduos A Deputación...

Luisa Sánchez participa no acto de presentación da cuarta edición da Feira Mindtech

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este martes no IFEVI de Vigo no acto de presentación da Feira Mindtech, que chega...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Dozón e Silleda para...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou este luns os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da...

A Deputación ultima os días para visitar no Museo de Pontevedra a exposición ‘Acisclo...

0
A mostra reúne pezas de máis de seis décadas de traxectoria creativa do escultor ourensán A Deputación clausura este domingo no Museo de Pontevedra a...

Luis López eloxia a Volta Galicia BTT, a primeira proba UCI por etapas de...

0
O presidente da Deputación mantén un encontro cos organizadores da primeira edición desta competición, que consolida á provincia como un destino turístico descentralizado e...

Publicacións Relacionadas