Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación colabora co Instituto de Estudos Valdeorreses nunha exposición etnográfica sobre...

A Deputación colabora co Instituto de Estudos Valdeorreses nunha exposición etnográfica sobre a comarca

- Anuncio -

Manuel Baltar mantivo un encontro na Casa Grande de Viloira coa directiva do IEV, encabezada polo seu presidente, Aurelio Blanco Trincado, nunha xuntanza na que tamén se abordaron novas liñas de cooperación

O presidente da Deputación destaca “o traballo do Instituto de Estudos Valdeorreses nestas catro décadas a prol da comarca”

Aurelio Blanco resalta “a antigüidade do material que será exposto e a oportunidade que ofrece para comparar a comarca de hoxe coa de fai un século”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou a sé do Instituto de Estudos Valdeorreses (IEV), na Casa Grande de Viloira (O Barco de Valdeorras), nun encontro enmarcado na colaboración entre a institución provincial e a asociación valdeorresa.

O titular do goberno provincial estivo acompañado pola directiva do IEV encabezada polo seu presidente, Aurelio Blanco Trincado. Manuel Baltar destaca “a importante labor que ten realizado nestas catro décadas o Instituto de Estudos Valdeorreses no estudo etnográfico da comarca e na posta en valor da historia, tradicións e costumes desta zona”.

O presidente da Deputación e o presidente do IEV abordaron a posibilidade de tecer novas liñas de cooperación entre ambas entidades. Tamén supervisaron os detalles dunha exposición perfilada pola asociación, e na que a Deputación colabora a través do enmarcado de varias imaxes datadas en 1904.

A nova exposición do Instituto de Estudos Valdeorreses ofrece unha mirada á comarca de fai cen anos, tendo como eixo principal a chegada da electricidade a Valdeorras. Entre os materiais que formarán parte da mostra, todos eles pertencentes á colección privada de Aurelio Blanco Trincado, atópanse imaxes de inicios do século XX que inmortalizan fitos como a chegada da luz a Vilamartín de Valdeorras ou a creación da primeira compañía eléctrica en 1912. Ademais, expoñeranse fotografías panorámicas do Barco de Valdeorras que darán conta da vida da comarca naqueles tempos.

Pola súa banda, Aurelio Blanco Trincado resalta “a antigüidade do material que será exposto e a oportunidade que ofrece para comparar a comarca de hoxe coa de hai un século”. “É un conxunto único de obras que poño a disposición do IEV para que os valdeorreses as poidan desfrutar”, conclúe o presidente desta asociación.

Acompañando á mostra, o IEV tamén ten programada unha conferencia sobre a electricidade na provincia de Ourense e, especialmente, na comarca de Valdeorras.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro luns, con...

0
Cruzará a cidade de Norte a Sur e unirá puntos clave como a estación intermodal, O Couto Norte, centro cidade, residencia e Barrocás O Pavillón...

Luis López anuncia un investimento de 1,5 millóns de euros en tres anos no...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada de Turismo, Nava Castro, detallou o contido dun plan que contempla a renaturalización da contorna, o deseño de...

A Deputación aproba máis de 100.000 euros para realizar melloras nas infraestruturas deportivas da...

0
O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas xa mobilizou máis de 930.000 euros entre os concellos da provincia A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar axudas...

Publicacións Relacionadas