Home Ourense A Peroxa A Deputación colabora coa 5ª edición da andaina solidaria da Peroxa a...

A Deputación colabora coa 5ª edición da andaina solidaria da Peroxa a favor da Asociación Diabética Auria

- Anuncio -

Os participantes percorrerán unha ruta circular con ata tres distancias de dificultade media. O custo das inscricións irá destinado á asociación, aínda que tamén se poderán facer achegas como “fila cero” sen participar na camiñada

O concello da Peroxa acollerá o próximo domingo, día 9, unha nova edición da andaina solidaria a favor da Asociación Diabética Auria, iniciativa que conta co apoio da Deputación de Ourense. Unha cita que inclúe ata tres percorridos con diferentes distancias para adaptarse ás condicións físicas dos participantes e cun máximo de 400 inscricións.

A 5ª andaina solidaria da Peroxa foi presentada esta mañá no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, que estivo acompañado polo alcalde, Manuel Seoane, e o concelleiro José Manuel Rodríguez. Por parte da asociación estiveron presentes a presidenta, Paz Gómez del Valle; a vicepresidenta, Margarita Diéguez; e o vogal Antonio de Oliveira.

A hora de inicio da andaina está prevista para as 9.00 horas do domingo, con saída e chegada na praza do concello. Os participantes percorrerán unha ruta circular que consta de tres trazados: un camiño de 20 quilómetros, outro de 11,5 e un terceiro de 2 quilómetros. Todos eles de dificultade media.

As inscricións, que poden formalizarse no Concello da Peroxa, na asociación ou mesmo na xornada do domingo antes da saída, teñen un custo de 7 euros que irán destinados a Diabética Auria, aínda que tamén se poderán facer achegas como “fila cero” sen participar na camiñada. Os participantes terán avituallamento durante o percorrido, ademais de pinchos e sorteos ao remate.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro luns, con...

0
Cruzará a cidade de Norte a Sur e unirá puntos clave como a estación intermodal, O Couto Norte, centro cidade, residencia e Barrocás O Pavillón...

Luis López anuncia un investimento de 1,5 millóns de euros en tres anos no...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada de Turismo, Nava Castro, detallou o contido dun plan que contempla a renaturalización da contorna, o deseño de...

A Deputación aproba máis de 100.000 euros para realizar melloras nas infraestruturas deportivas da...

0
O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas xa mobilizou máis de 930.000 euros entre os concellos da provincia A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar axudas...

Publicacións Relacionadas