Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación colabora coa XXVI Feira do Pemento de Oímbra como unha...

A Deputación colabora coa XXVI Feira do Pemento de Oímbra como unha iniciativa de “promoción e dinamización do produto local”

- Anuncio -

O domingo, día 6, vanse preparar 1.500 quilos deste produto para a degustación dos asistentes, nunha cita gastronómica e festiva que tamén inclúe un amplo programa de actividades

Rosendo Fernández, presidente do Inorde -entidade adscrita á institución provincial-, destacou que esta feira enxalza “o rei da horta de Oímbra”, poñendo en valor as súas particulares características

A sala de prensa da Deputación de Ourense acolleu esta mañá a presentación da XXVI Feira do Pemento de Oímbra, na que o próximo domingo, día 6, vanse preparar 1.500 quilos deste produto para a degustación dos asistentes, nunha cita gastronómica e festiva que tamén inclúe un amplo programa de actividades. Na presentación da feira participaron o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e a alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino.

Rosendo Fernández destacou o labor de “promoción e dinamización do produto local” que permite este evento, lembrando a condición de Festa de Interese Turístico Galega e a calidade recoñecida dos pementos de Oímbra ao estar baixo o amparo dunha Indicación Xeográfica Protexida. Coa colaboración do Inorde, como entidade adscrita á Deputación, esta feira enxalza “o rei da horta de Oímbra”, dixo Fernández, poñendo en valor as súas particulares características, entre as que citou o seu sabor, textura, forma, lonxitude e peso.

Ana Villarino subliñou pola súa banda as posibilidades culinarias que ofrecen estes pementos, “que agora vanse degustar fritidos, pero que a partir de final de mes e cando se tornen vermellos estarán listos para asar”. Nesta liña apuntou que haberá unha exposición de pratos de cociña que teñan como ingrediente principal este produto, “grazas a trinta mulleres e homes do concello que voluntariamente fan estas preparacións e que logo se publican nun recetario”.

A alcaldesa explicou que a produción de pemento no concello alcanza preto de 100.000 quilos, con 14 produtores adheridos á IXP “e co obxectivo de conseguir valor engadido mediante o impulso á transformación”.

A XXVI Feira do Pemento de Oímbra inclúe expositores con outros produtos da horta local, artesanía da zona e interrexional, viños da denominación de orixe Monterrei ou maquinaria agrícola. Ademais de actividades para a cativada e actuacións musicais, a xornada estará protagonizada polas degustacións gratuítas de pementos e unha comida popular con entrada.

Relacionadas

O Concello pon en marcha a segunda edición da Escola Municipal Continua, con 57...

0
AConcellería de Educación do Concello de Ourense pon en marcha a segunda edición da Escola Municipal Continua Ourense, cunha ampla variedade de propostas formativas...

Luis Menor reúnese coa directiva do Ourense CF para escoitar as necesidades do clube...

0
O presidente da Deputación puxo en valor a celebración da Copa do Rei en Ourense cun resultado que permitiu ao equipo ourensán chegar a...

A rúa Ribeira de Canedo estará pechada ao tráfico mañá, por obras de saneamento...

0
A rúa Ribeira de Canedo estará pechada ao tráfico mañá, martes, 11 de febrero, de 8.00 a 22.00 horas, pola realización de traballos de...

Luis Menor, como presidente da Rede de Vilas Termais da FEMP, celebra o interese...

0
O presidente Deputación de Ourense deu conta pola súa banda dos avances no “programa de respiro” para persoas maiores que sufriron as consecuencias da...

O presidente da Deputación deplazouse a Ribeira para dar a coñecer o plan de...

0
Hoxe tivo lugar a visita do presidente da Deputación, Valentín González ao Concello de Ribeira o presidente puxo en valor o Plan de Obras...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á inauguración do Congreso Internacional JAI’2025 da Universidade de...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este luns á inauguración do Congreso Internacional JAI’2025, as X Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións...

Publicacións Relacionadas