Home Ourense Nogueira de Ramuín A Deputación colabora cunha nova edición da Andaina Solidaria de Nogueira de...

A Deputación colabora cunha nova edición da Andaina Solidaria de Nogueira de Ramuín

- Anuncio -

A recadación estará destinada este ano á Asociación Ourensá de Esclerosis Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras (Aodemper), que cumpre o seu 25 aniversario

A organización anima á participación da cidadanía habilitando dous percorridos, segundo ás condicións físicas dos inscritos, e unha “fila cero” para facilitar as achegas ao colectivo

O Concello de Nogueira de Ramuín, coa colaboración da Deputación de Ourense, celebrará o próximo sábado, día 26, a XI edición da súa Andaina Solidaria que este ano márcase como obxectivo recadar fondos para a Asociación ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras (Aodemper), entidade declarada de utilidade pública que cumpre o seu 25 aniversario.

A cita solidaria foi presentada esta mañá no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández; o concelleiro de Deportes de Nogueira de Ramuín, Raúl Soto, acompañado polo concelleiro de Seguridade, Manuel Pereira; e polas representantes da xunta directiva da asociación, Socorro Fernández e Laura Ruiz.

A hora de comezo da andaina está fixada para as 10.00 horas con saída desde a praza de Luíntra. Ao igual que en edicións anteriores e para que os participantes poidan adaptarse as súas condicións físicas, a organización deseñou dous percorridos: unha ruta curta de nove quilómetros e unha máis longa de ata 20 quilómetros. Para facilitar a colaboración con este iniciativa solidaria, o Concello de Nogueira de Ramuín tamén habilitou unha “fila cero” para que a cidadanía poida facer as súas achegas á asociación. 

Relacionadas

A Deputación mobilizará varios vehículos para espallar sal nas estradas provinciais ante a previsión...

0
Debido aos prognósticos das axencias meteorolóxicas por avisos de temperaturas mínimas e posibles xeadas para esta madrugada, e co fin de garantir a seguridade...

A Deputación fai efectiva a cesión da estrada de San Vicente, en Vilamartín de...

0
O presidente provincial, Luis Menor, celebrou unha xornada de traballo na comarca de Valdeorras, na que o Consorcio de Augas aprobou os orzamentos de...

A Xunta de Goberno Local aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar a mediodía de...

A Real Banda de Gaitas ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal na igrexa...

0
Este evento terá lugar o vindeiro 27 de decembro ás 18.30 horas, e se retransmitirá tamén por streaming, é “un dos símbolos indiscutibles do...

O Concello de Ourense dálle o nome oficial de glorieta da Policía Nacional á...

0
Alcalde e corporación municipal asistiron ao descubrimento da placa que recolle a denominación da rotonda O Concello súmase así á celebración do 200 aniversario da...

O desfile de Papá Noel ocasionará restricións puntuais de tráfico o sábado pola tarde

0
O desfile de Papá Noel que terá lugar o sábado, 21 de decembro, polo centro da cidade, requirirá pechar ao tráfico de vehículos a...

Publicacións Relacionadas