A Deputación colabora no Campionato de España de Piragüismo de promesas mozas que se disputa esta fin de semana no Parque Náutico de Galicia, en Castrelo de Miño

adminON
Lectura mínima de 1

A Deputación de Ourense colabora na celebración do Campionato de España de Piragüismo de promesas mozas e canoe, nas categorías de infantil e cadete, que se disputa esta fin de semana nas instalacións do Parque Náutico de Galicia, en Castrelo de Miño.

O deputado de representación institucional, Rosendo Fernández, acompañado polo asesor provincial de Deportes, Diego Enrique Álvarez, e mailo alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, coñeceu esta mañá os detalles desta proba da man do presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea; o delegado provincial, José Manuel Fernández; e o presidente do Club Fluvial Avión-Castrelo de Miño, Pedro Andrés García.

O parque náutico acollerá a máis de 1.000 padeeiras nunha competición que comezará o venres, día 4, cos adestramentos, mentres que as probas disputaranse o sábado durante toda a xornada e domingo só pola mañá.

A distancia a percorrer para o control clasificatorio é de 2.000 metros para infantís e cadetes e para a final 3.000 e 5.000 metros, respectivamente para cadetes.

Comparte este artigo