Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación colaborará no proxecto de rehabilitación da antiga casa escola de...

A Deputación colaborará no proxecto de rehabilitación da antiga casa escola de Ramirás como centro de día

- Anuncio -

Manuel Baltar recibiu no Pazo Provincial á alcaldesa de Ramirás, Isabel Gil

O presidente do goberno provincial avanzou o compromiso de habilitar unha partida económica para acometer a renovación da cuberta do futuro centro de día: “Con esta nova liña de colaboración mantemos un piar básico da administración provincial, como é cooperar cos concellos na prestación dos mellores servizos para a veciñanza”

Isabel Gil destaca a importancia dun proxecto que agardan executar ao longo do presente ano, “dándolle así un novo uso a un vello pero bonito inmoble de pedra para estas novas instalacións de atención aos maiores”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial á alcaldesa de Ramirás, Isabel Gil, coa que mantivo un encontro para estudar as posibles liñas de colaboración entre ambas administracións co obxectivo de transformar a antiga casa escola da localidade en centro de día.

Nesta xuntanza de traballo, o presidente da Deputación avanzou o compromiso de habilitar unha partida económica que permita acometer a renovación da cuberta do futuro centro de día. Unha axuda, valora Manuel Baltar, “coa que mantemos un piar básico da administración provincial, como é cooperar cos concellos na prestación dos mellores servizos para a veciñanza”.

Isabel Gil entregou ao presidente da Deputación unha copia do proxecto que agardan executar ao longo do presente ano, “dándolle así un novo uso a un vello pero bonito inmoble de pedra que será destinado para estas novas instalacións de atención aos maiores”.

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas